FELIZ DÍA DO LIBRO
Bos Días Canguros, Tigres e Botóns:
Hoxe teriamos na escola a celebración do Día do Libro, nesta data habería nos corredores da escola uns estantes cheos de libros doados por vós para intercambiar por outro libro.
Durante este mes os compañeiros/as do CEPP Igrexa Valadares, do CEIPP Sobreira , os avós e avoas do Centro de Día do Polígono e tamén @s maiores do Centro D´Alba, ademais das familias que quixesen, virían contarnos moitos contos á escola.
Como agora non é posible celebralo desta maneira, podedes escoitar algúns contos que Os Botóns contaron o ano pasado ós seus compañeiros/as da aula.
A mestra Goele, tamén vos deixa un conto:
Pincha na imaxe
A proposta é que fagades un minibook con esta historia, podedes imprimir o que creou Goele ou seguir as súas indicacións para facelo vós na vosa casa. (Tedes o ficheiro adxunto no final desta actividade)
Para escoitar os contos dos Botóns, pinchade na imaxe , o conto de COMEZTE, está grabado en dous audios, o primeiro podedes escoitalo pinchando na imaxe e o segundo buscando o enlace o final desta porposta.
Espero que desfrutedes destes contos.
Un bico da FADA DO ALBA