Skip to Content

Saídas

Saída. Exposición La Palma. Volcán e vida

IMPACIENTES SUBIMOS Ó AUTUBÚS CARA A EXPOSICIÓN:

" A PALMA. VOLCÁN E VIDA"

Os Volcáns son un dos fenómenos máis bruitais da natureza. A erupción en cumbre Vieja ( La Palma) lémbranos este carácter inclemente e devastador, máis tamén a forza do ser humano para se sobrepoñer á traxedia e abrir novos escenarios de vida.

Nas aulas traballamos ao inicio do curso sobre esta circunstancia, como remate das nosas investigacións nada mellor que rematar visitando unha exposición e voltando a facer un volcán todos xuntos.

 

 

 

Logo desfrutamos dun paseo polo parque da Alameda

 

 Enlace para ollar as fotografías da exposición


 

 

 

 

MUSEO DO MAR KOALAS

 OS KOALAS FIXEMOS UNHA EXCURSIÓN Ó MUSEO DO MAR, XA QUE

O PROXECTO DO SEGUNDO TRIMESTRE ESTÁ ADICADO Ó ARTE.

DESCUBRIMOS A ANTONIO PALACIOS, GRAN URBANISTA E ARQUITECTO.

DESPOIS, NÓS, CONVERTÉMONOS EN ARQUITECTOS, ELABORANDO UNHA FERMOSA ESCULTURA COLECTIVA.

 

Exposición ANTONIO PALACIOS

Na nosa escola comenza un novo trimestre e con él un novo Proxecto,adicado nesta ocasión a arte.

POR ISO PARECEUNOS INTERESANTE COMEZAR CUNHA SAIDA EDUCATIVA Ó MUSEO DO "MAR DE VIGO "PARA VER A EXPOSICIÓN ADICADA "ANTONIO PALACIOS".

A GUIA FALOUNOS  DESTE GRAN ARQUITECTO, ENSINOUNOS A SÚA OBRA E DOS INSTRUMENTOS QUE NECESITAN PARA LEVAR A CABO OS EDIFICIOS.

 

                     QUE ESTUPENDAS QUEDARON AS NOSAS OBRAS.

              QUE BEN SENTÍMONOS Ó TRABALLAR EN EQUIPO

SAÍDA AO MUSEO DO MAR

O mércores 12 de xaneiro, os elefantes fixemos unha saída ao Museo do Mar para coñecer a labor que fan os arquitectos e descubrir a obra de Antonio Palacios.

 

¡Ata fixemos a nosa propia obra arquitectónica!

 

Decidimos chamar as nosas obras "O robot" e "O cabalo". Velaquí o resultado:

 

Despóis de merendar, xogamos na praia e ata limpiamos o lixo da area.

Falamos na radio: Esperta Valladares

O día que fumos a visitar o funcionamento do Muiño con Campio. O programad e radio Esperta Valadares pillounos durante o recreo na área de xogo para facernos unha entrevista. No seguinte enlace no minuto 57 , podedes escoitar o que falamos:

 
 
 
O mércores tamén saímos na radio falando sobre ás postais que fixemos na escola, as nosas peticións de agasallos para os Reis Magos e Papá Noel. Podedes escoitarnos no minuto 52.
 

MUSEO DO MAR KOALAS

A NOSA PRIMEIRA EXCURSIÓN EN AUTOBÚS FOI VISITAR O MUSEO DO MAR

APRENDIMOS COUSAS DOS PEIXES QUE HABITAN NA NOSA RÍA

 NO TALLER, APRENDIMOS A IMPORTANCIA DE COIDAR E MANTER LIMPO OS NOSOS MARES

O teu navegador non soporta este vídeo.

 PUSEMOS EN PRÁCTICA O APRENDIDO LIMPANDO A PRAIA "DO COCHO"

 

MUSEO DO MAR

Este ano  estamos investigando  sobre a auga e vivimos nunha zona de mar  por iso fomos visitar o acuario do "Museo  do mar " de Vigo. Fixemos unha visita guiada e un obradoiro. Neste obradoiro faláronnos da importancia de coidar o mar e como axudar  a limpalo.

Despois vimos os peixes , explicáronnos como nacen as raias e tiburóns, vimos as cásulas onde medran. Esa mañan os peixes estaban moi despertos  e poidemos velos  envía, xa que a esas horas habitualmente están durmindo

PASÁMOLO XENIAL PARA REMATAR O DÍA FOMOS A PRAIA A FACER LIMPEZA.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut