Debido á pandemia, non é posibe realizar moitas das visitas que nos ofertaban antes.
Hoxe fixemos unha visita virtual a fábrica de leite Puleva
As súas instalacións están tan lonxe do noso colexio, esta era a única opción de poder coñecer o proceso de elaboración dos cartóns de brick da súa leite e batidos.
Algunhas cousas que aprendimos :
Número de camións e litros que entran a diario na fábrica, das explotacións gandeiras próximas.
Procesos de control e calidade dos distintos camións, nos laboratorios das fábricas.
Cubas nas que se deposita o leite a 150 º antes de ser envasada.
Vista aérea da fábrica de Granada
Rematamos a visita recollendo os agasallos que nos deron , polas nosas respostas as preguntas que nos fixo Maxi durante a nosa visita.