ESTE MAIO É
O MES DAS FROLES
CANDO OS PAXARIÑOS
DEIXAN VER OS SEUS AMORES
Aí ven o Maio! e imos celebralo un ano máis, coma sempre, queredes? Inda que este ano sexa diferente e non poidamos elaboralo xunt@s nin levalo ó Centro Cultural, si que podemos facer un, cada quen na nosa casa. Como xa fixo Dany, un día que saiu de paseo e como fixeron este domingo en casa de Xoán.
Podedes facelo grande ou pequeno, con flores do xardín, recollidas nos paseos ou feitas con papel, cartolina,...Tamén podedes usar ovos ou froitas e poñelo como centro de mesa.
Atopei uns maios feitos con flores de papel e con material de refugallo,espero que vos inspiren. Usade a vosa creatividade! Ah! pinchade nas fotos atoparedes dous vídeos, nun ides vernos outro ano cantando a nosa cantiga para que a aprendades, se queredes, e outro con "Ahi vén o maio" de Luis Emilio Batallán, cunhas imaxes de Maios tradicionais.
Facede o voso Maio e a vosa celebración durante esta semana e ide mandando fotos e vídeos que colgaremos o venres día 9, día que eliximos pra facer a celebración da escola, ese día podemos, cada quen en cada casa, prepararnos unha merendola especial mentres vemos tódolos maios e vídeos realizados.
AQUÍ VEN O MAIO,
DAS FROLES, DONO E SEÑOR,
CARGADIÑO DE ESPERANZAS
ABRINDO AS PORTAS Ó AMOR
Esta copla e a que está ó comezo, foron recollidas polo mestre Francisco Rey Rivero, compositor, director e fundador da coral Casablanca e tamén do Coro do Náutico de Vigo. Foi un gran músico que deixou unha présa de pezas para ser tocadas e cantadas.
Coidádevos. Un bico