Skip to Content

Voz natura

Semana da froita

                                

 

 

A vindeira semana teremos cinco froitas que iremos tomando no tempo da merenda. Esta actividade está incluída dentro do Plan Proxecta da escola.

Nesta semana da froita os Colibrís, Elefantes e Koalas terán  amorodos, plátanos,mazás, piñas e kiwis  , proporcionado pola escola. Os grupos farán a actividade de lavar, limpar e cortar para tomar a froita como merenda na súa aula.

Podedes colaborar explicandolles  esta  proposta de actividade aos vosos fillos/as e non traendo moita merenda.

Día Internacional do Medio Ambiente

Este ano quixemos facer un vídeo para concienciar as nosas familias e amigos da importancia de coidar o medio ambiente.

 

 

 

 

 

 

 

Contos con Cris de Caldas. Fearmaga

Hoxe tivemos a sorte de contar con Cris de Caldas e Xabi do Camiño  que coa súa música contáronnos unha chea de contos.

A maxia dos contos , díxonos, devólvenos a imaxinación e fainos gozar aportando un sentimento de felicidade e alegría.

 

 

 

 

 

FLOR DE LARANXA

 NO TALLER DE COCIÑA FIXEMOS UNHA RECEITA CON:

- LARANXAS DO AVÓ LUIS 

-CHOCOLATE DE FUNDIR

PASOS A SEGUIR:

-PELAMOS AS LARANXAS

- DERRETEMOS O CHOCOLATE

- MOLLAMOS A LARANXA NO CHOCOLATE

- ENFRIAR 5 MINUTOS TEMPERATURA AMBIENTE

- METER 15 MINUTOS NA NEVEIRA

 

APAÑAMOS LARANXAS, LIMÓNS E MANDARINAS

DE PASEO A CASA DO AVÓ LUIS A APAÑAR

LARANXAS, MANDARINAS E LIMÓNS

 

PARAMOS NA CASA DE ZAIDA PARA VER

UN PORCO, GALIÑAS E ATA UN CAN

PROXECTO VOZ NATURA: MÁNDALA DE OUTONO

Preto da Escola temos un parque Chrome de arbores de Liquidambar, como está un poco lonxe  da Escola para ir camiñando a profe Elena cando viña para á escola parou e colleu  algunhas folliñas  das que xa caerán das arbores. E así puidemos facer unha mandala.

Que atoperamos na bolsa????

 

A mestra Laura, trouxo á aula unha bolsa con algo no su interior.

Tocounas apalàr para adiviñar o que era: PEMENTOS.

Observamos a súa cor, o seu tamaño, o seu olor... e abrimos .

No seu interior atopamos as sementes do pemento.

Aquí vos deixamos a nosa tarefa: recoller as sementes para secalas e gardalas para cultivar na nosa horta.

 

 

 

 

 

 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut