14 de febreiro

Este día celébrase o amor, que ten moitas caras, unha delas é o cariño que sentimos cara ás nosas amigas e amigos. Un bo día para celebrar a amizade.

Vimos o conto de "Mainú e a amizade",  contado en lingua de signos. (Queres velo?, pincha na imaxe.)

e marcamos as nosas mans nos bancos.

Agora son os nosos "bancos da amizade", cando precises unha aperta, falar con alguén ou simplemente compartir tempo cun amigo, senta nun deles e a maxia da amizade comezará!