Skip to Content

Marzo 2022

"A Historia dos Bonobos con Lentes"

 A A.N.P.A da Escola invitounos  a un contacontos patrocinado pola Secretaria da Igualdade da Xunta de Galicia. Todos e todas as nenos e nenas puideron disfrutar dun contacontos moi especial "A Historia dos Bonobos con Lentes" de Adela Turin e Nella Bosnia no que falase da importancia  da igualdade e a coeducación.

Foi contado e teatralizado por Elena Pardo e tivemos a sorte de contar co ilustrador Roberto Argüelles para ilustrarnos o conto en directo.

Os Bonobos e as Bonobas tiñan un estatus moi desigual na fraga onde vivían todos xuntos. Eles comían e elas recolectaban; eles viaxaban e apredían pero non aceptaban que elas tamén evolucionaran e burlabánse do seu aspecto ata que as bonobas cansaronse de aturar ese comportamento tan egoista.. o final da historia os bonobos danse conta de que traballando xuntos e respetándonos e moito mellor

 

 

Día da Poesía

A UNESCO adoptou o 21 de marzo como Día Internacional da Poesía, para apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética.

Na escola celebramos este día recitando varias poesias entre todas as clases e tamén contamos coa participación das familias.

Os Canguros: Ruídos (Ana Maria Fernández)

Os Koalas: O Sol (Antonio García Teijeiro), CHIP CHOP

Os Elefantes: inverno ( Antonio García Teijeiro)

Todo o alumnado: Rain on the Grass

Outros Poemas: Familias 6º Infantil

Quen ben o fixeron! BRAVO!

 

 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Os Canguros gañadores do concurso

   

No mes de Decembro, os alumnos/as da Aula dos Canguros, participaron nunha iniciativa de Mel de Galicia.

Tiñan que escribir un conto onde a protagonista fora unha abella.

O concurso soamente era para alumnado de primaria, pero despois de entregar a nosa historia, foron seleccionados como gañadores .

O premio é unha casiña de insectos que chegará á escola durante este trimestre.

                           MOITAS FELICIDADES

 

  

Atelier creativo; para que será todo esto????

 

PARA QUE SERÁ ISTO?

 

Hoxe entramos na Biblioteca e atopamos todo isto no Chan.

Son os restos do material utilizado para facer disfraces de entroido e do obradoiro do Día da Muller.

 

Día da Muller coas avoas do Centro de Día

 

Nesta data tan especial contamos coa colaboración das avoas do Centro de Día de Valadares: Tere, Dori, Mercedes,Lola, Rosa, Margarita. Acompañados de Rocío.

 

Delas puidemos escoitar de primeira man como foia súa niñez: se ían á escola, se utilizaban o coche, como lavaban a roupa, algunha aventura da súa migración a outros paises...

 

  Como remate da actividade escoitamos o recitado de tres poemas compostos por elas mesmas .

 

 

 
 
 

STREET ART WOMAN IN VIGO. 8 DE MARZO 2022. DIA DA MULLER

 
ESTE TRIMESTRE ESTAMOS A TRABALLAR A ARTE URBANA .
PARA CELEBRAR O DIA DA MULLER  DECIDIMOS FALARLLES OS NENOS E NENAS DAS MULLERES  QUE DEIXARON A SÚA PEGADA NA NOSA CIDADE.
 
FIXEMOS UN VÍDEO E MOITOS NENOS E NENAS COÑECIAN OS MURAIS PERO NON SABÍAN O NOME DAS ARTISTAS, NI QUE FORAN FEITOS POR MULLERES.
 
 
VIMOS QUE TODAS E TODOS PODEMOS FACER OS MESMOS TRABALLOS.
 
 
DENDE A BIBLIOTECA DA ESCOLA FIXEMOS A ACTIVIDADE:
 
AS MULLERES IMPORTANTES DAS NOSAS VIDAS
 
CADA NENO PENSOU NUNHA MULLER IMPORTANTE NA SÚA VIDA E  EXPLICOUNOS PORQUE É ESPECIAL PARA ÉL OU ELA.
DESPOIS FIXEMOS O SEU RETRATO CON MATERIAL DE RECICLAXE E POLO DIA DA MULLER QUIXEMOS XUNTALAS A TODAS E FACER UN MURAL.
 
A CONCLUSIÓN  A QUE CHEGAMOS DESPOIS DE ESCOITAR CALES ERAN AS MULLERES IMPORTANTES NAS SUAS VIDAS, FOI QUE SON TODAS AS MULLERES QUE FANLLES  
 
SENTIRSE FELICES, QUERIDOS E AMADOS.
 
 
 
 
 
 
 
 

As mulleres da nosa vida

 

No noso obradoiro da Biblioteca para celebrar o Día da Muller. Tiñamos a Nosa disposición diferentes materiais: botóns, tapóns,lana,trozos de papel de corea corchos...

Con todo este material a nosa actividade era: facer unha caricatura da Muller da Nosa vida

Quedaron chulisimas

 

 

 

 



by Dr. Radut