Skip to Content

Entroido 2021:Obradoiros de disfraces.

A pesar do Covid e tódalas restrinccións que provoca, na EEI Plurilingüe Monte do Alba, seguimos adiante coa nosa realidade escolar.

Chega un novo tempo de Entroido, dentro dun pouco chegará o noso Meco, e temos que preparar o noso disfraz para o día do desfile.

Debido á pandemia, teremos que facelo nenas, nenos e mestras sen a tradicional  colaboración das familias.

Imos transformar unha camiseta vella de papá ou mamá, con restos de vinilo autoadesivo, inspirad@s pola obra de Alma Thomas; deste xeito, unimos  dúas das líneas didácticas da nosa escola: Arte e coidado do medio, reutilizando para transformar con creatividade.

 OS KOALAS COMEZAMOS A ELABORAR O NOSO DISFRAZ DE ENTROIDO,

QUE CONCENTRADOS ESTAMOS!!!



page | by Dr. Radut