Skip to Content

Febreiro 2022

Contos de amor e amizade

 
Agasallo dos Koalas, Canguros e Elefantes para o resto dos alumnos/as, mestras, persoal docente e non docente, comunidade escolar e sobre todo para os avós e avoas de Valadares.
 
 
 
 
 
 
 
 

Miramos ao ceo co Planetario

 

O 28 DE XANEIRO chegou a nosa escola unha proposta que levábamos moito tempo esperando. O PLANETARIO, gracias a Iñigo, descubrims as estrelas, as contelacións, a vía lactea.

Vendo o gran entusiasmo que tivo nos nenos/as dende a biblioteca propuximos facer unha constelación.

Cada neno/as colocou as estrelas como quixo e despois con plastidecor branca creou a súa constelación. Algúns nenos/as foron capaces de porlle un nome.

Son un bo grupo de astronautas.¡¡¡¡¡

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Día da Paz cos avós e avoas

    Onte e hoxe tivemos unha visita online moi especial: os avós e avoas do Centro de Día de Maiores de Valadares e tamén do Centro de Día D'alba.

Xuntos celebramos o DÍA DA PAZ, e colaboramos do mural :

QUE CHOVA A PAZ dá escola.

Decoramos unhas gotiñas con palabras fermosas, agarimosas e bonitas, que choverán das nosas nubes.

Mirade que ben nos quedaron os murais.

     

 

 

 

Fixemos moitas cousas xuntas durante a conexión:

--- presentamos o tódolos nenos e nenas dá escola e coñecimos o nome dos avós e avoas

--- vimos o video da celebración do Día da Paz na nosa escola.

--- escoitamos o poema que nos recitou

--- os Canguros recitaron o poema "Plin Plin Clan"

--- os Koalas cantaron a canción " Inverno"

--- cantamos xuntos a canción : Ondiñas Veñen

--- Os Elefantes falaron cos avós

--- desfrutamos da canción do grupo de canto do Centro de Día

--- falamos das nosas cousiñas e das súas cousiñas

--- e sobre todo desfrutamos, aplaudimos e mandamos bicos .

      

 

      

 

       

 

 

        

 

 

 

 



by Dr. Radut