ADMISIÓN CURSO 2024-2025

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN

DO 1 AO 20 DE MARZO

 

 VER VACANTES OFERTADAS

ÁREAS DE INFLUENCIA

 

PRESENTRARASE UNHA ÚNICA SOLICITUDE (ED550B) ANEXO II +ANEXOII bis(Comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar e de consentimento da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora) ASINADA POR ÁMBOLOS DOUS PROXENITORES/AS // TITORES/AS LEGAIS no centro que se solicita en primeiro lugar do 1 AO 20 DE MARZO. (formulario normalizado ED550BORDE do 21 de outubro de 2022)

 

CÓDIGO CRA VILABOA: 36024495

As solicitudes de admisión  cubriranse  (Do 1 ao 20 de marzo) mediante o  formulario normalizado (ED550B) a través da aplicación de xestión do proceso: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado  e presentaranse:

A)       

NA SEDE ELECTRÓNICA DA XUNTA DE GALICIA: CUBRINDO A SOLICITUDE NA APLICACIÓNhttps://www.edu.xunta.es/admisionalumnado(precísase entrar na aplicación con CHAVE 365 ou certificado dixital) E PRESENTANDO E ASINANDO A SOLICITUDE NA SEDE ELECTRÓNICA DA XUNTA DE GALICIA.

B)       

NA SECRETARÍA DO CENTRO : IMPRESAS E ASINADAS CUBERTAS A MAN OU CUBERTAS  PREVIAMENTE NA APLICACIÓN https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado, IMPRESAS E ASINADAS.

 

           Para formalización na Secretaría da Sede do CRA de Vilaboa CON CITA PREVIA  

 

O formulario (ED550B) tamén será facilitado en papel gratuitamente e estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia e na páxina web da Consellería de Educación, así como na WEB http://centros.edu.xunta.es/cravilaboa e nos BLOGs das escolas.

 

è Xunto coa solicitude de admisión, achegarase copia do DNI do alumno/a ou copia da folla do libro de familia onde apareza, e copia do DNIs dos pais/titores legais. (De entregarse varias solicitudes perderanse tódolos dereitos de prioridade como figura na normativa citada). De presentarse electronicamente a solicitude, achegarase fotografía dos documentos como anexo coa solicitude na mesma sede electrónica, incluíndo o Anexo II e o ANEXO II bis (Comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar e de consentimento da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora)debidamente asinado.

Os alumnos/as xa escolarizados noutros centros educativos, que presenten unha solicitude de admisión, teñen a obriga de comunicalo ao seu centro de orixe.

 

No caso hipotético de ter que baremar (habendo máis demanda de prazas que vacantes), o prazo de presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo será de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.

As listaxes de admitidos e excluídos provisionais presentaranse antes do 25 de abril e as listaxes definitivas antes do 15 de maio de 2024.

 

O prazo de formalización da matrícula será do 20 ao 30 de Xuño de 2024.

NORMATIVA REGULADORA

DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550B).

 

 RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se dá publicidade do texto do Acordo entre esta consellería e as organizacións sindicais CC.OO., ANPE e UGT-SP Ensino sobre medidas que melloran o funcionamento do sistema educativo e as condicións laborais do persoal funcionario e laboral docente da Comunidade Autónoma de Galicia que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

DOCUMENTACIÓN

 

 

 Ver Zonificación

AdxuntoTamaño
AUTORIZACIÓN PUBLICACIÓN IMAXE 2024.pdf279.94 KB
AUTORIZACIÓN WHATSAPP 2024.pdf144.31 KB
ENQUISA LINGUA MATERNA 2024.pdf116.4 KB
SOLICITUDE RELIXIÓN ALTERNATIVA 2024.pdf113.05 KB
FORMULARIO MATRÍCULA.pdf220.56 KB
Documentos a entregar coa admisión.pdf151.42 KB
FICHA ADSCRICIÓN CENTROS 2024.pdf697.59 KB
2024 02 29_Listaxe vacantes_CRA Vilaboa.pdf625.94 KB