Reis 2021/22
Lectores en Reis
Ás crianzas de Reis gústanlle moito os libros, e desfrutan deles tanto sós como en compañía.
|
O VOLCÁN DA PALMA
Setembro comezou con un acontecemento que impresionou a todo o país e que invadeu a curiosidade de todos: A erupción do volcán en "Cumbre Vieja" na illa da Palma. Este fenómeno natural foi aproveitado para traballar na clase, pois é un elemento moi motivador para as crianzas.
|
COMA SEMPRE, O OUTONO.
Que mellor forma de estrenar e coñecer o outono que probandoo! Uvas, castañas, kiwis, caquis, peras, mazás, mandarinas, laranxas, granadas, mango, aguacate, noces e avelás. Unha chea de froitas deliciosas que entraron na escola para non durar moito.
|
O XOGO SIMBÓLICO
A través dos xogos simbólicos desenvólvese a creatividade e a imaxinación, ao ter que inventar historias sobre a marcha. Todo isto, mellora a espontaneidade e a fluidez verbal, e van aprendendo a responder ante diferentes situacións. Son xogos que deixan voar a imaxinación, onde podemos ser calquera persoa, onde os obxectos poden converterse en calquera cousa e onde o máis importante é divertirse.
|
As crianzas recrean mentalmente diferentes situacións, espacios, personaxes... e xogan con esa idea. Estos xogos axudan a comprender o contorno, as relacións e os roles sociais.
|
OS ESPAZOS XA ESTÁN PREPARADOS PARA ARRANCAR O CURSO
Como cada curso, setembro é un tempo para organizar, repensar, e prepararse para comezar con ganas e moita moita ilusión. |
A nosa saliña dos contos e as letras ten unha nova casa de tela, onde ver libros cos compañeiros cunha linterna, relaxarse ou agocharse! |
Somos un equipo de 12 nenos e nenas e de mestres que compartimos e aprendemos uns dos outros. Ivo, Aldán, Tristán, Luca, Alba Pallas, Alba Barreiro, Xana, Julia, Martín, Mar, Laura e Alan...¡Benvidos á escola! |
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6