Reis EP
DÍA DO PAI
No colexio de Reis gústanos máis o día da Familia, pero non quita que lle queiramos mandar unha felicitación e bico grande aos nosos papis. Parabéns para vós! :) |
CONSUMO RESPONSABLE
O 15 de marzo foi o día do Consumo Responsable. A profe Pili fíxonos pensar sobre os abusos e os excesos a través de debates pero tamén presentándonos este vídeo que comentamos a posteriori. Ás veces menos é máis! :) |
FÚTBOL CON "A" :)
Os contos sempre teñen o seu espazo para calquera das temáticas, fannos estar atentos, creativos, reflexivos... Nesta ocasión ademáis de contos e charlas fixemos un traballo sobre a biografía de Vero Boquete, quedamos pasmados con tantos títulos que leva "ao lombo". :) |
"E NÓS SÓ NÓS" (8M)
Nestes días andaremos atarefados reflexionando por que se nos adica ás mulleres un día (8M). Farémolo a través de cancións, contos e vídeos que nos permitan pensar e propoñer alternativas a situacións aínda non superadas.
Para que algún día non faga falta conmemorar nada neste día...
DÍA DAS LINGUAS MATERNAS
O domingo 21 foi o día das Linguas Maternas, a primeira lingua que nos falaron e aprendemos. Sen dúbida unha nota de identidade de cada un de nós. O galego é na nosa clase, maioritariamente, a nosa lingua materna. E unha palabra moi nosa, moi galega é "morriña" ou "saudade". |
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »