Campos

En Tempos de MariCastaña

Podemos ver las fotos con este enlace 

Grupo de Traballo " Como mola, aprender co rato na escola"

O Grupo sementeira traballando en pro da utilización das TICs na aula

Encontro do 21

Un firmamento de Estrelas na escola de Campos. Gracias amigos.

A Campos Cangilones

Hoxe, luns día 3 de Decembro.

 

Empezamos a semana coa vista posta no día 21, último día do primeiro tInocenterimestre, último día de clase do ano 2007 e
día de encontros, na escola de campos xuntarémonos "fisicamente" as escolas de Aido, Bamonde, Campos, Oza, e Vilariño...
pero na nosa realidade virtual estaran todas as escolas que participan no Rural Wings España.


" A Campos Cangilones " desenvolvesen unha actividade consistente na colocación de todas e cada unhas das estrelas que estamos a recibir de multitude de escolas de España e de Portugal.


Asi pretendemos encher o ceo de estrelas, simbolo de paz e amizade para o ano 2008.

Lóxica Matemática

 
EDUCACIÓN Premio educativo para un método de traballo da lóxica matemática nas aulas
Foto de familia.
30/11/2007 O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, fixo entrega dos V Premios Educacompostela 2007. Estes galardóns teñen por obxectivo recoñecer, promover e difundir aqueles materiais educativos que poidan contribuír ao desenvolvemento educativo de Galicia, favorecendo a innovación, a calidade na educación e renovación pedagóxica.O xurado decidira o 3 de outubro que o primeiro premio fora para a proposta "Como traballar a lóxica matemática a partir das rutinas da aula", elaborada por profesorado de distintos centros da comarca: María Blanco Corral (CRA de Teo – Bamonde), Mª Dolores González Marquina (CRA de Teo – Oza) , Manuel Ángel Masaguer Rodríguez (CRA de Teo – Campos), Mª Ángeles Pousa Díaz (CRA de Teo – Aido), Nuria Fernández Fariñas (CEIP de Laredo – Redondela), Mª José Iglesias Valiño (CEIP Figueroa – A Estrada), Begoña López Fernández (CEIP de Portonovo), Mª Nora Pousa Díaz (CEIP A Ramallosa – Teo) e Susana Viqueira Cobas (CEIP Santo Paio de Abaixo Reboreda - Redondela).

Recibiron un premio de 1.200 euros por un proxecto que "axuda aos nenos no proceso de coñecemento do seu contorno. A súa é unha proposta interactiva e lúdica que facilita o achegamento dos máis pequenos a unha materia como as matemáticas.

O segundo premio, dotado con 900 euros, recaeu no "Programa de acollida para o alumnado estranxeiro", realizado por profesores do IES Eduardo Pondal. Estivo coordinado por Susana Marina Blanco Baluja e integrado por Rita Amigo Seisdedos, Concepción Abuín Méndez, Marián Arauxo Muíños, Mª Isabel Barreiro Gundín, Valentín Castellano Méndez, Mercedes Espiño Amil, José Mosquera Almuíña, Mª Isabel Pereiro Raposo, Mª Jesús Ríos Creo e Ana Formoso Remesar. O xurado recoñeceu neste traballo o seu "carácter socializador contra a xenofobia e o fracaso escolar".

Óscar Sánchez Vidal, do IES Portovello de Ourense recolleu o terceiro premio polo seu traballo "Nova antoloxía latina". No mesmo, a través de refráns, textos latinos ou epigráficos, facilítase a aprendizaxe dunha lingua como o latín en perigo de esquecerse. Tamén houbo unha mención especial para o proxecto "Árbores que arrolan poemas" presentado por todo o profesorado do CEIP Ramón Cabanillas.

 

Escola de Campos

Unha proba de como funciona

Tierras de Santiago 13 Noviembre 2007

CINCO CONCELLOS CUENTAN CON COLEGIOS RURALES AGRUPADOS.
LAS 38 UNIDADES EXISTENTES , CON 62 PROFESORES, ESCOLARIZAN A 392 ALUMNOS.

www.tierrasdesantiago.com

V Premios EducaCompostela Innovación educativa

O pasado mércores 3 de outubro tivo lugar o fallo da V Edición dos Premios Educacompostela
2007 que ten como obxectivo recoñecer, promover, premiar e difundir aqueles materiais
educativos que polo seu valor e interese poidan contribuír ao desenvolvemento educativo de
Galicia, favorecendo a innovación, a calidade na educación e a renovación pedagóxica.
O xurado está constituído por: Guadalupe Rodríguez Silva (Concelleira Delegada de Educación,
presidenta do xurado), Xosé M. Rodríguez-Abella Gómez (Xefe do Servizo de Educación e
Mocidade), Jesús Rodríguez Rodríguez (Representante de Nova Escola Galega), José Manuel
Malheiro Gutiérrez (Representante de Nova Escola Galega), Antonio F. Rial Sánchez (Director
do Departamento de Didáctica e Organización Escolar da Fac. de Ciencias da Educación),
Gonzalo Anaya García (Director do Centro de Formación e Recursos de Santiago), Ana María
Guerra Cañizo (Representante da Asociación Galega de Editores), e Beatriz Varela Morales
(Técnica de Educación e Mocidade e secretaria dos premios).
Despois das oportunas deliberacións, o xurado acordou outorgar os seguintes premios:

1º Premio, para o traballo titulado “Como traballar a lóxica matemática a partir das rutinas da aula”.
O grupo de traballo está composto por:
María Blanco Corral (CRA de Teo – Bamonde),
Mª Dolores González Marquina (CRA de Teo – Oza) ,
Manuel Ángel Masaguer Rodríguez (CRA de Teo – Campos),
Mª Ángeles Pousa Díaz (CRA de Teo – Aido),
Nuria Fernández Fariñas (CEIP de Laredo – Redondela),
Mª José Iglesias Valiño (CEIP Figueroa – A Estrada),
Begoña López Fernández (CEIP de Portonovo),
Mª Nora Pousa Díaz (CEIP A Ramallosa – Teo)
Susana Viqueira Cobas (CEIP Santo Paio de Abaixo -Reboreda ).Coordinadora

A Educación

Na medida que a sociedade e a cultura cambian, a escola non pode quedar estática nin tampouco a familia.

O noso horizonte educativo é promover a autonomía dos alumnos, non só nos aspectos cognitivos; senón no seu desenvolvemento moral e social.

A educación debe incidir na adquisición dos hábitos individuais sen esquecer o proceso de socialización.

A educación non só debe proporcionar información sobre os problemas, senón tamén sobre as medidas para o cambio de actitudes.

É moi importante transmitir dende o comezo que aprender é agradable, que se goza con elo.

Beneficia a todos ter presente en todo momento que o verdadeiro protagonista é o NENO.

Distribuir contido