Campos
As plantas.
As plantas son seres vivos. Nacen de sementes, medran e reprodúcense. Para medrar , as plantas só necesitan auga, aire, luzo do Sol e algunhas subtancias que conseguen da terra.
Outros animais
Os peixes viven baixo a auga, teñen aletas, a súa pel esta cuberta de escamas e nacen de ovos.
Febreiro / Teño unha casiña branca
Teño unha casiña branca,
dende a fiestra a ría vexo,
vexo a igrexa de San Paio
e mais Betanzos O Vello,
vexo a “Cidade Garela”,
Betanzos dos Cabaleiros.
Teño unha casiña branca
pretiño dunhos loureiros,
alí onde fai o niño,
onde ledo canta un merlo,
canta ó refreixo do sol
desque se vai o inverno.
Na miña casiña branca,
no meu humilde aposento,
teño paz, saúde e amor,
que valen máis que o diñeiro;
con eso teño dabondo.
Estou ledo coma o merlo
que cada mañán escoito,
cando desperto no leito,
o seu canto agarimoso,
o seu cantar feiticeiro.
Na miña casiña branca
vivo soñando desperto:
soño que aínda son mozo
pero, a verdade, vou vello.
¡Que axiña se vai a vida!,
fuxe coa presa do vento
cando zoa nos loureiros
onde xa non canta o merlo.
¡Está triste o paxariño
porque se achega o inverno!
Teño unha casiña branca,
xa non teño máis desexo.
tendo paz, saúde e amor
tópome moi satisfeito.
¿E que máis hei de pedir
se teño todo o que quero?
Se algo máis quixera ter,
sería vivir no ceo.
ADUAL/96
Autor: ADUAL é o seudónimo de Manuel Lauda Arcay
(Anceis, Cambre, A Coruña, 1923).
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »