Ideas terceira semana.
Para esta terceira semana deixo máis ideas e suxerencias de actividades motrices que podedes realizar c@s nen@s en pouco espazo:
-Limbo: Ponse unha corda , pau de vasoira ou similar en horizontal, deben pasar por debaixo arqueando a espalda e mirando cara arriba, cada véz baixase un pouco máis ata que non se poida pasar:
-Diana: con bolas ou avions de papel intentar meter nunha porta dun armario, nunha papeleira, nun cíeruclo pintado no chan...
-Bolos: Con botellas e bolas de papel ou similar.
-Circuito: Percorrido usando todo o que se nos ocorra: pasar por debaixo dunha mesa, subir polas cadiras, cruzar o pasillo a pata coxa, tocar as toallas do baño dun salto... Logo que el@s nos propoñan outro a nos.
-Adiviña: imitar animais, oficios, series infantis... e el@s deben adiviñar de que se trata, logo ó reves.
-Estatuas musicais: ponse unha música para bailar e cando se pare deben quedar quietos ata que se reanude a canción.
-Cores: con tres obxectos de diferente cor escondidos nas nosas mans, según amosemos un deberán facer rápidamente unha acción asociada a ese cor, por exeplo, tres bolas de cores que escondemos nas mans tras a nosa espalda, se mostramos a verde deben dar un salto, se mostramos a azul sentarse, se sacamos a amarela dar unha palmada... pódese facer cada vez máis rápido ou meter algun cor/acción máis.
Busqueda do tesouro: escóndese algo na casa e deben atopalo, podemos dar pistas ou axudar con "frío/quente".