Coñecemos a un xoven inventor incríble!

 Que o problema do plástico é un gran problema, creo que ninguén xa o dubida. Por sorte  as novas xeracións veñen pisando forte, concienciándose  co planeta e buscando solucións para limpar os ríos e mares.

Boyan Slatt é un xoven holandés que creou unha fundación "The Ocean CleanUp" e un barco que xa está empezando a recoller plásticos en ríos de Indonesia e Malasia.