EXPERIMENTANDO: "LEITE COLORIDA".

QUE PASA SE A UNHA POUCA LEITE LLE BOTAMOS UNHAS PINGAS DE COLORANTE ALIMENTARIO?
LEITE CON COLORANTE
E SE DESPOIS CUN BASTONCILLO LLE ENGADIMOS UNHA GOTA DE XABÓN LÍQUIDO?
EXPERIMENTO ESTRELA

 BONITA ESTRELA!

As cores "escapan" cara o borde do prato! E si seguimos tocando aparecen novas formas e cores.

Esta é a explicación; O leite ademais de servirnos como base en branco para o noso "debuxo", consegue que os colorantes non se disolvan nela grazas ás graxas que contén, as cales os manteñen concentrados. Tamén actúa aquí una das principais características da auga, a chamada tensión superficial.

Este vistoso efecto débese a que o xabón é un repelente de graxas e, posto que os colorantes adoitan conter graxas animais, repéleos unha e outra vez. Ademais, ao introducir o bastoncillo no leite rompemos a tensión superficial, o que facilita a rápida separación das cores.