23 DE ABRIL: CONMEMORANDO O DÍA DO LIBRO CON REFRÁNS

 A riqueza lingüística e cultural   exprésase  tamén na multitude de refráns que se atopan na nosa lingua galega. 

No mes de Xaneiro cos pés no braseiro.

Abrígate por Febreiro con dúas capas e un sombreiro.

Marzo, marzal, de mañá inverno e de tarde verán.

Choiva de abril, enche o carro e o carril.

En Maio, aínda a vella queima o tallo.

Por San Xoán, a sardiña molla o pan.

Aí vén o mes de Santiago co seu canado!

Cando chove por Agosto, chove mel e mosto.

A cepa, tarde ou cedo, sempre dá uvas polo Setembro.

Polo Pilar, os nabos na terra e o viño a envasar.

Castañas, noces e viño fan a ledicia de San Martiño.

Aí vén o mes de Nadal, que non deixe o millo sen apañar.