APRENDEMOS UN POUCO
Ola a tod@s, síntome seguro que como vós, desconcertada por estar tanto tempo nunha situación moi distinta a habitual, pero estou segura que nos servirá para valorar positivamente todo o cotiá que antes pasabamos por alto.
O traballo que faciamos no cole sempre estaba precedido dunha explicación onde tod@s participabamos, cada quen a súa maneira e segundo as súas posibilidades, para así alcanzar a aprendizaxe proposta.
De todas formas vou facer un pequeno resumo da miña programación do mes de maio.
O tema que vou tratar son os maios:
Ó longo da historia os pobos sentiron gran admiración polo renacer cíclico do mundo vexetal, a divinización da natureza era moi frecuente.
Os maios encádranse no calendario entre mediados de abril e mediados de maio ou incluso hai quen pensa que ata o San Xoán.
En canto a súa orixe non hai consenso entre os historiadores: algúns pensan que naceu no Neolítico, outros na cultura clásica greco-romana e tamén se aposta pola súa aparición no mundo celta.
Na cultura cristiá a celebración céntrase no aspecto da fecundidade, ó igual que a natureza nos ofrece en todo o seu esplendor os seus froitos, o feito de nacer sempre é un acontecemento digno de celebración.
En canto á posta en práctica desta festa atopamos diferencias segundo os fins sexan agrarios ou lúdicos.
Dentro dos agrarios destaco a colocación "dunha xesta amarela ou branca" nas casas, establos e cada vez máis frecuente nos coches.
Se o fin é lúdico as flores recobran o gran protagonismo, dende ramos de flores que os nen@s trucaban por lambetadas ata arcos ou cruces de flores exaltando a ledicia da resurrección do mundo primaveral e o adormecemento do inverno.
Como actividade, @s que queirades, propoño encher de vida o noso cole cun debuxo onde apareza adornado de flores, deste xeito ainda que de maneira artística sentimos que volvemos a disfrutar da escola.
Os nen@s de primaria esta ilustración acompáñana dunha copla típica dos maios, se non coñecedes ningunha xa vos serviría esta:
Onte despideuse
o dichoso mes de Abril
dicindo que o seu primo Maio
traería flores mil.
Despídome de vós añorándovos moito e emprazándovos ata un novo tema.
Un abrazo.