2010-2011

Numerete chega ao PLANETA do 3!

 Numerete xa chegou ao planeta do 3, e coma sempre trae un novo obsequio dos habitantes dese planeta. Neste caso un rabiño en forma de 3 que os 3 porquiños lle obsequiaron! Que divertido é viaxar con NUMERETE!                                                   

                         

PLANETA DO 3

E XA CHEGUEI ATA O 3

ATÓPOME MOI CANSADIÑO

E MENOS MAL QUE OS 3 PORCOS

REGALÁRONME UN RABIÑO

 

E AQUÍ ESTAMOS FACENDO O RABIÑO DE NUMERETE. ESTA VEZ CUNHA ESPONXIÑA EN FORMA DE 3

 

 

E ASÍ DE CHULO NOS QUEDOU...

Tarxetas Día da Paz

Os nenos e nenas de Reli estamos facendo un intercambio de tarxetas para conmemorar o Día da Paz. Deste xeito comprobamos o gratificante que é facer algo para os demáis , aínda que sexa unha pequena cousa como pintar unha tarxeta.

POLA PAZ

O DÍA 30 DE XANEIRO LÉMBRANOS QUE A PAZ A TEMOS QUE PROCURAR TAMÉN O RESTO DOS DÍAS DO ANO.

PARA AVANZAR NESTA PROCURA, ACHEGAMOS DENDE ESTA NOVA DISTINTAS PROPOSTAS PARA TRABALLAR NA ESCOLA E NA CASA...

UN ACHEGAMENTO Á DIFICIL VIDA DOS REFUXIADOS SAHARAUIS...

 

 

 

ÁS VECES, Á SOLUCIÓN ÓS PROBLEMAS É MÁIS SINXELA DO QUE PODE PARECER...

NA ESCOLA DE OUTEIRO ELABORARON A SÚA PROPIA PRESENTACIÓN DA ANTERIOR HISTORIA:

" Por cuatro esquinitas de nada "

DENDE A ESCOLA DE RAÑÓ CHÉGANOS A PROPOSTA DE XOGAR Á PAZ NA REDE...

http://www.edu.xunta.gal/centros/crarianxo/node/948

 

LIBROS POLA PAZ

A PAZ NAS ESCOLAS

Escola de Capela

Pazo infantil

Pazo primaria. Pazo primaria

Escola de Rañó

Escola de Cruceiro

 

 

LIBRO DA AUGA

 

Este é o Libro da auga

e, como ela,

adquire distintas formas e apariencias...

UNHA VIAXE Á NEVE

DURANTE ESTA SEMANA NAS CLASES DE PSICOMOTRICIDADE FACEMOS UNHA SAÍDA MOI ESPECIAL: IMOS Á NEVE!!

DESPOIS DE ABRIGARNOS BEN E FACER A VIAXE EN TREN, APRENDEMOS A ESQUIAR

   

              DESCUBRIMOS DIFERENTES MANEIRAS DE ESQUIAR

  

             IMOS EN TRINEO                              QUEN ESTÁ AÍ DEBAIXO?

  

                DE SÚPETO EMPEZOU A NEVAR, QUE DIVERTIDO!

  

              TIVERON QUE VIR AS MÁQUINAS QUITANEVES

          

E TROUXEMOS PARA A ESCOLA UNHA ENORME BOLA DE NEVE COA QUE PODEREMOS XOGAR CANDO QUEIRAMOS, PORQUE NON SE DERRETE.

  

                                QUE BEN O PASAMOS NO INVERNO!!

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS (2º TRIMESTRE)

 
 
 

Pendente de data:

- Concerto didáctico ou similar.

- Visita dos bombeiros.

- Ruta de senderismo pola senda do río Té.

- O tren da lingua (primaria)

O CADERNO DE DANIEL CHEGA AOS NOSOS FOGARES

 

                     O CADERNO DE DANIEL CHEGA AOS NOSOS FOGARES 

Dende esta fin de semana o CADERNO DE DANIEL ponse en funcionamento no voso FOGAR. A vosa participación é indispensable para que levemos a cabo unha aprendizaxe conxunta: nen@s, familias e mestras.

Cada venres os nenos e nenas de infantil e primaria levarán a casa este caderno acompañado dun libriño que deberán ler ao longo da semana, traéndoo de volta OS VENRES, xunto co caderno de Daniel traballado. E estaredes pensando… COMO SE TRABALLA NO CADERNO DE DANIEL? Pois é moi sinxelo. Unha vez que o conto está lido, os nen@s poderán representar no caderno de Daniel a súa visión do conto a través de instrumentos coma son:

 - Debuxos

 - Poesías

 - Refráns

 - Artigos do xornal

 - Composicións plásticas

 - E todo aquilo que se vos ocorra!

Para iso, como xa vos comentamos, NECESITAMOS DA VOSA AXUDA. E COMO?

 - Lendo con eles/elas

 - Motivándoos

 - Dándolle ideas nas súas propias creacións

 - Axudándolles a investigar sobre algún tema en cuestión, a través da reprodución de vivencias dos avós/avoas, do emprego de libros, Internet, xornais..

Moitas grazas pola vosa colaboración e que GOCEDES XUNT@S LENDO.

(*) PRIMARIA: Levades unha folliña que deberedes entregar o último día de cada mes.

 

POEMA DE UXÍO NOVONEYRA

Facemos unha rectificación no poema do mes de xaneiro, agora si é o definitivo: 

 

POEMA DO MES DE XANEIRO  

Neva venta e fai fume.

Vense a xente tralo lume.

Uxío Novoneyra

Entre todos os nen@s da escola de Rañó decidimos traballar mensualmente o poema que os demais compañeir@s do CRA de Rianxo elaboraron para o calendario do 2011. Como estamos no mes de xaneiro, comezamos cun poema de Uxío Novoneyra composto pola Escola de Abuín. Moitas grazas Isabel e nen@s de Abuín polo bonito traballo que realizáchedes.
O poema abriunos un abanico de posibilidades: lelo, analizalo, recitalo, dramatizalo e facer unha composición a través dos seus versos. Así de chulo quedou:

 

 

 

PROXECTO: A AUGA

PEQUENOS INVESTIGADORES:

"O sabor da auga" 

"A forma da auga" 

"As cores"

"O olor da auga"

   

 

UNHA CHOIVA DE POEMAS:

"Se eu fose nube"

 

"Chove en Capela"

 

PEQUENOS ARTISTAS:

"Cadros do inverno"


"Elaboramos o noso disfrace"

"Festexamos o Entroido"

"Día da auga"

Mural

 

ADIVIÑA, ADIVIÑANZA:


A     B     C     D     E     F     G     H     I     L    

M     N     Ñ     O     P    Q     R     S     T     U    

V     X     Z 

 

O RITMO DA AUGA

Festival de Nadal 2010.

"Y lloverá y yo veré"

Aula de música 2º Trimestre

"Música acuática" Haendel

 

 

 

Distribuir contido