2010-2011
Gozando coa música e cos contos
Este segundo trimestre non podía faltar a visita a nosa BIBLIOTECA. Alí realizamos unha gran variedade de actividades organizadas por dous mestres: Rubén e María.
Con Rubén descubrimos a música de Haendel, escoitando as súas obras, gozando coa práctica instrumental e danzando ao ritmo da música.
Coa mestra María escoitamos contos narrados e os visualizamos a través da pantalla dixital. Ademais presentamos algúns dos nosos traballiños recollidos no caderno de Daniel.
La fábrica de nubes. Arianne Faber
El mundo al revés. María Helena Walsh
Aquí vos achegamos unha pequeña mostra desta sesión... Gozade con ela!!! Grazas María, grazas Rubén.
A HORA DO PLANETA
ESTE SÁBADO, DÍA 26 DE MARZO, DE 20:30 A 21:30 HORAS, CELÉBRASE A HORA DO PLANETA.
DURANTE ESA HORA, MILES DE PERSOAS, EMPRESAS E ORGANISMOS DE TODO O MUNDO APAGARÁN AS SÚAS LUCES, FACENDO UN CHAMAMENTO A UN USO MÁIS SOSTIBLE DA ENERXÍA EN BENEFICIO DA NATUREZA E DE TODOS NÓS.
O SÁBADO 26 APAGA A LUZ, ENCENDE O PLANETA!!
CONCERTO DIDÁCTICO
VARIOS MEMBROS DA ESCOLA DE MÚSICA DE RIANXO ESTÁN REALIZANDO NAS NOSAS AULAS O CONCERTO DIDÁCTICO " A FRAUTISTA DE HAMELIN".
A OBRA, DE COMPOSICIÓN PROPIA, ESTÁ DIRIXIDA A TODA A COMUNIDADE ESCOLAR: MESTRES, ALUMNOS E FAMILIAS
*
CONSULTADE ESTA NOVA NA
Escola do Pazo
- APIs de Blogue
UN CONCERTO MOI ESPECIAL NA ESCOLA DE PAZO
HOXE FOI UN DÍA ESPECIAL NA ESCOLA DE PAZO...
TIVEMOS A SORTE DE PODER ESCOITAR UN CONCERTO DA
ESCOLA DE MÚSICA DE RIANXO. E INVITAMOS AS NOSAS FAMILIAS...
E AQUÍ ESTAMOS AGARDANDO IMPACIENTES A QUE EMPEZASE
E UNHA VEZ PREPARADOS OS MÚSICOS, RUBÉN PRESENTANOS
A OBRA QUE VAMOS ESCOITAR.
AQUÍ PODEDES VER A ANTÓN, SARELA, RAFA, FRAN E SABELA, OS MÚSICOS E MÚSICAS
QUE NOS INTERPRETARON " A FRAUTISTA DE HAMELÍN" COS SEUS INSTRUMENTOS:
TECLADO, CLARINETE BAIXO, SAXOFÓN, CLARINETE E FRAUTA TRAVESEIRA
E COMO NOS GUSTOU ESCOITALOS!!!
E SE PARA TODOS NOS FOI UN DÍA MOI ESPECIAL,
PARA ZOE MOITO MÁIS, POIS O SEU PAI VIÑA A TOCAR Á SÚA ESCOLA.
E REMATAMOS DÁNDOLLES UN FORTE APLAUSO.
VOLVEDE CANDO QUEIRADES!!!
- APIs de Blogue
Reunión 22 de marzo de 2011
VISITA AO MUIÑO DOS LEMOS: Horario xeral, sair as 11:00 regreso dende o muiño as 13:00
- 28 marzo: Rañó, Abuin, Pazo,
- 29 marzo: Cuvide, Cruceiro,
- 30 marzo: Quintáns, Vacariza, Outeiro, Capela
Actividades que se prevén: Visita ao muiño, os nenos/as deben levar un pouco gran (millo) para moer. Visita ao Río con exploración do entorno, debuxo no libro de Daniel ... xogo libre. Merenda conxunta. PREVER QUE FACER SE HAI MAL TEMPO
SESIÓNS DE MÚSICA DE XOVES E VENRES:
TALLER OLORES:
- APIs de Blogue
O DÍA MUNDIAL DA POESÍA
DÍA MUNDIAL DA POESÍA
O día mundial da poesía propúxose pola UNESCO no 2001, como tributo á "palabra poética", festexándose, de ese modo, todos os 21 de marzo, coincidindo coa chegada da PRIMAVERA. A UNESCO lanzou ao mundo o seguinte comunicado:
«Es evidente que una acción mundial a favor de la poesía daría un reconocimiento y un impulso nuevo a los movimientos poéticos nacionales, regionales, e internacionales. Esta acción debería tener como objetivo principal sostener la diversidad de los idiomas a través de la expresión poética y dar a los que están amenazados la posibilidad de expresarse en sus comunidades respectivas».
É por iso que hoxe, 21 de marzo do 2011, nós, lembramos dita data traballando un poema que o noso amigo DANIEL entregounos a semana pasada na BIBLIOTECA. Grazas Daniel!
CHOVISCA EN MARZO
CONTRA AS ESQUINAS
CHOIVA LIXEIRA
CHOIVA BEN FINA
Antonio García Teijeiro. "Chove nos versos". Editorial Xerais
Se queredes gozar coa poesía galega, aquí vos deixamos o enlace a unha páxina web de interese:
E lembrade, a poesía non so se atopa nos libros, senón en todo aquilo fermoso que nos rodea!
p
- APIs de Blogue
CORPO DE AUGA
A AUGA É O PRINCIPAL E IMPRESCINDIBLE COMPOÑENTE DO NOSO CORPO.
SE PENSAMOS EN NÓS COMA NUNHA BOTELLA, A AUGA CHEGARÍANOS, MÁIS OU MENOS A ALTURA DO PEITO.
![]() |
![]() |
![]() |
0 SER HUMANO NON PODE ESTAR SIN BEBELA MÁIS DE 5 OU 6 DÍAS SEN PÓR EN PERIGO A SÚA VIDA!!!
- APIs de Blogue
UN PASEO POLO SALÓN DO LIBRO
- APIs de Blogue
HOXE É O TEU DÍA... PAPÁ
Neste día 19 de marzo, festexamos unha data moi especial para todos os nenos e as nenas do mundo: O DÍA DO PAI.
Aínda que é moi bonito festexar este día, todos os días teñen que ser días especiais para compartir cos nosos pais, dándolles moito cariño e amor.
Na escola de Rañó gústanos moito que os pais pasen tempo cos seus cativ@s e por iso pensamos que que mellor agasallo que un bonito marcapáxinas para gozar lendo todos/as xuntiños.
MOITOS PARABÉN A TODOS!!!!
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- …
- seguinte ›
- última »
![RSS - 2010-2011 Distribuir contido](/centros/crarianxo/misc/feed.png)