Club "Amigas e amigos de Daniel"

ROSALÍA

NO ANIVERSARIO DE ROSALÍA SOMOS NÓS QUEN ESTAMOS DE PARABÉNS!!

CAMILO JOSE CELA

ESTA SEMANA TIVEMOS A VISITA DE  ELECTRA , GUÍA DO MUSEO

DE CAMILO JOSÉ CELA, QUE NOS VEU FALAR DESTE

 ILUSTRE  ESCRITOR.

PARA SABER COUSAS SOBRE DEL,TROUXONOS

DIVERSOS OBXECTOS:

A MEDALLA DO "PREMIO NOBEL",

AS NOTAS DA FACULTADE, ALGÚN DOS SEUS LIBROS..·

FOI UNHA ACTIVIDADE MOI INTERESANTE

QUE CONTINUAREMOS O VINDEIRO MARTES.

 

PREME SE QUERES VER A SESIÓN DE PAZO INFANTIL:

ROSALÍA DE CASTRO

O 24 DE FEBREIRO, LEMBRANDO A DATA DO SEU NACEMENTO, CELÉBRASE O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO.
DURANTE ESTES DÍAS REALIZARANSE NAS NOSAS AULAS ACTIVIDADES DIVERSAS AO REDOR DA FIGURA E DA OBRA DE ROSALÍA

UNHA NOVA ANDAINA DA MOCHILA VIAXEIRA

UN CURSO MÁIS A MOCHILA VIAXEIRA COMEZA UNHA NOVA ANDAINA.

CARGADIÑA DE INTERESANTES CONTOS, XOGOS, PELICULAS,...

PASARÁ POR TODAS AS NOSAS CASAS

PARA QUE GOCEMOS EN FAMILIA DESTA INTERESANTE EXPERIENCIA.

 

AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TODAS AS LARANXAS

NA MAÑÁ DO MÉRCORES 3 DE DECEMBRO, O ALUMNADO DE PRIMARIA DO CRA DE RIANXO ASISTIRÁ NO AUDITORIO MUNICIPAL Á REPRESENTACIÓN DA OBRA  DE CARLOS CASARES " AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TODAS AS LARANXAS", A CARGO DO CENTRO DRAMÁTICO GALEGO

DESCUBRINDO O MUNDO

Todo un mundo por descubrir dende as aulas do Cra de Rianxo
a través dos contos, a música, a gastronomía...

CONVIDACIÓN DE DANIEL

GRAZAS Á CONVIDACIÓN DE DANIEL PASAMOS UNHA FANTÁSTICA XORNADA ENTRE MONSTROS, LIBROS, MÚSICA E AMIGOS

O MONSTRO DE CUVIDE

O NOSO AMIGO DANIEL, DENDE A BIBLIOTECA DE ASADOS, PEDIUNOS QUE CREARAMOS UN MONSTRO PARA PODER DECORAR A BIBLIO, E ESTE FOI O RESULTADO!!!!


   
     
     
 
   
                                                                  

PANTASMAS PARA DANIEL!!!

 

ANTES DE IR Á PRIMEIRA SESIÓN DE BIBLIOTECA DESTE CURSO, DANIEL FÍXONOS UN AGASALLO,

OS SEUS CADERNOS, E TAMÉN UNHA ENCOMENDA: MONSTROS

E NÓS ADEMÁIS DE DEBUXAR UNS MONSTROS BEN MONSTRUOSOS

FIXEMOS UNHAS PANTASMAS CON MATERIAL DE REFUGALLO QUE QUEDARON ASÍ.

 

LECTURA EN FAMILIA!

O venres 17 tivemos unha sesión de animación á lectura para as familias do noso CRA na sede de Asados.

Primeiramente e tras recibir ás familias asistentes, Tobías, director e orientador do CRA invitounos á reflexión sobre a lectura a través de citas de diversos autores e autoras. Isto levou a unha interesante reflexión da cal xurdiron experiencias que compartimos de bo grado entre todos. Tamén se explicou o funcionamento das bibliotecas de aula de cada escola e o fomento que se fai da lectura dende o centro.

Tras isto, Pablo, mestre de Atención Educativa e tamén coordinador da biblioteca do CRA, explicou un pouco máis sobre o amplo abano de libros que temos dispoñibles á hora de seleccionar un conto para os nosos cativos, tendo en conta as idades e os textos máis adecuados. Tras isto explicou unhas pautas básicas á hora de leer un conto para que teña éxito entre os máis pequenos da casa.

Para rematar, Tero Rodríguez nai do CRA e membro do clube de lectura infantil, ofreceuse para representar un conto do máis interesante e divertido poñendo en práctica todo o explicado.

Demostrounos así, que con moi poucos materiais que todos temos á man como unha chaqueta, panos ou cousas do noso entorno, se pode lograr representar case calquera conto! E por suposto, demostrou o importante que é a imaxinación e a creatividade nas nosas vidas.

 

Grazas por esa valiosa lección e por os teus contos Tero!

 

Foi unha experiencia gratificante e rica para todos.

Mil gracias ás familias asistentes!

 

Distribuir contido