SACAPENAS

PRESENTÁMOSVOS A CÉSAR.

CÉSAR É O SACAPENAS DO NOSO COMPAÑEIRO CÉSAR.

A CÉSAR SACAPENAS FÍXOO A MAMÁ DE CESAR COMPAÑEIRO. PEDIULLO O SEU FILLO DESPOIS DE TER LIDO NA ESCOLA O CONTO QUE NOS PRESTOU A PROFE LAURA.

AGORA NA SÚA CASA TEÑEN UNHA HISTORIA E UN MONECO MÁIS E UNHAS CANTAS PENAS MENOS.

Eu tamén teño sacapenas!!

Ola a todos e todas!!

Cando vin o voso traballo leveime unha sorpresa moi grande!! Sabedes o motivo? Pois resulta que o día que celebramos o Nadal os profes e profas do C.R.A. tivemos un regaliño dun amigo invisible, e ¿sabedes que me regalou a min? Unha caixiña con 6 SACAPENAS!!

Ademais o regaliño traía unha notiña na que explicaba que cando tivera unha pena debía poñer estes "sacapenas" debaixo da almofada e ao pasar a noite xa se me quitaría a miña pena!!

Pero... sabedes unha cousa máis?? Dende que teño esta caixiña máxica con 6 sacapenas, xa non volvín ter ningunha pena máis!!

Alégrome moito de que César teña un boneco sacapenas tamén!! 

UNHA GRAN IDEA

A TUA MAMÁ, CÉSAR, TIVO UNHA GRAN IDEA FACENDOCHE UN SACAPENAS. XA CHE SACOU ALGUNHA PENA?

É MOI BONITO, TAN BONITO COMO OS DO CONTO, OU MÁIS!!!

               Nenos e nenas de Pazo I.

QUITOUME A PENA DE QUE NO

QUITOUME A PENA DE QUE NO HABIA SEÑAL NA TELE DO SALON.Cesar

PABLO

QUE BONITO SACAPENAS CÉSAR!! VOUME TER QUE FACER EU UN!!

UN BICO!!

PABLO. (O PROFE DO PELO MOLLADO). :D

ANDREA, ROCÍO, GRACIAS POLOS VOSOS COMENTARIOS! GUSTÁRONNOS MOITO A TODOS. AS NENAS DAS FOTOS TIÑAN UNHA COROA POSTA PORQUE ESTABAN DE CUMPREANOS E ESTÁBAMOS CELEBRANDO UNHA FESTA DE ANIVERSARIO!!

UN BICO A TODAS AS PROFES E TODOS OS NENOS!!

PABLO E OS NENOS

HOLA! ESTAMOS NO ORDENADOR E PASÁMOS A SAUDARVOS E A MANDARVOS REGALOS IMAXINARIOS.

ZAIRE MÁNDAVOS UN REGALO.

DANIELA E IRENE MÁNDANVOS UN DEBUXO DE COLORINES.

LÍA,PAULA E MANU MÁNDANVOS UN BIQUIÑO.

PABLO MÁNDAVOS UNHA PULSEIRA!

LORE MÁNDAVOS UN BOLSITO ROSA!

E UN BICO MOI FORTE DE TODOS!!!