"Nadarín e a súa estratexia"

Esta semana María trouxonos un conto moi especial, trátase de NADARIN, de Leo Leoni:

 

    

Este home, que, segundo os nenos de Abuín, ten cariña de bo, empezou a escribir contos infantís cando xa era avó, xa que inventaba historias para entreter aos seus netos... Foi así como escribiu "Pequeno azul e pequeno amarelo", "Frederick" e "Nadarín" entre outras obras...

Nun ambiente tranquilo, María adentrounos no mundo mariño, e contounos a historia do peixiño Nadarín, onde a unión dun grupo de peixiños fixo que se puderan enfrontar aos seus medos e coñecer as marabillas do mar.

Cando xa escoitamos o conto decidimos facer un mural, no que recolléramos o que nos contaba o conto, mirade as fotos!!

 

    

Primeiro todos fixemos peixiños pequenos

    

Despois, en grupo, decidimos onde íamos poñer cada peixiño, como o fixo Nadarín cos seus amigos...

  

E claro, como o noso peixe grande estaba no mar, fixémolo con moitas cores, xa que debaixo do mar atopamos un mundo de cor!!

Só nos faltaba encher ese mar con todas as marabillas coas que se atopou Nadarín e os seus amigos peixiños:

  

A auga mar                                A anguía

    

As anémonas e a Lagosta


E entre todos debuxamos pedras, algas, os atúns que escapaban asustados do noso "peixe grande"!!

Este foi o resultado do noso traballo en grupo:


       Gustouvos?

MOITÍSIMO! E ISO  QUE

MOITÍSIMO! E ISO  QUE AÍNDA FALTAN AS PALABRAS QUE XURDIRON DA CHOIVA DE IDEAS RECOLLENDO O SENTIR DO CONTO, E QUE EN TIRAS DE PAPEL ÍAN ESCRIBINDO TANTO DENTRO DA AULA COMO NO PORCHE; ISO SÍ, BUSCANDO "ESTRATEXIAS" PARA QUE NON VOARAN.

SEGUIDE TRABALLANDO TAN BEN E CON OCORRENCIAS TAN FANTÁSTICAS COMA AS QUE DUN XEITO ESPONTÁNEO E ENTUSIASTA XURDÍAN "A ESTO LE LLAMO YO TRABAJAR EN EQUIPO"  "CALADE, QUE SE NON NON PODO PENSAR". NADARÍN SEMPRE PRESENTE NESTES COMENTARIOS.

BIQUIÑOS,

                MARÍA