Secretaria

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

 

 

GUÍA ABALAR MÓBIL

A continuación poderedes atopar un arquivo adxunto no que se explican os pasos a seguir para a instalación e emprego da aplicación ABALAR MÓBIL. Esperamos que vos sirva de axuda.

Moitas grazas!

 

PROCESO DE ADMISIÓN CURSO ESCOLAR 2020/2021

PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO 2020/20201

CRA RAÍÑA ARAGONTA

 

·        

As seguintes instrucións dítanse ao abeiro do Decreto 254/2012, do 13 de Decembro, e da Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG 1 febreiro 2017), pola que se modifica a Orde do 12 de Marzo de 2013 (DOG 15 de Marzo), polos que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos.

·        

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN:   do 1 ao 23 de marzo.

·        

OS IMPRESOS DE SOLICITUDE (ED550B):serán facilitados  gratuitamente na secretaría do centro, e tamén estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) e na páxina web da consellería competente en materia de educación.

·        

 A PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES: deberá facerse na secretaría do centro (Rúa Rosalía de Castro 11-A), ou ben a través da aplicación anteriormente mencionada.

*Debido ás características propias do noso centro, con aulas en Esfarrapada e aulas nas diferentes parroquias, aconsellamos presentar os formularios na secretaría do centro e non vía telemática.

 

O horario de secretaría para a entrega de documentación é o seguinte:

Ø 

Luns: de 9:30 a 11:15 horas.

Ø 

Martes: de 9:30 a 11:15 horas.

Ø 

Mércores: de 12:30 a 13:15 horas.

Ø 

Xoves: de 9:30 a 11:15  horas.

Ø 

Venres: de 12:30 a 13:15 horas.

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE A TER EN CONTA:

 

·

 Cada alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. A infracción da mesma determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

·

O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

·

O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

·

No caso de separación ou divorcio, será necesaria a SINATURA DE AMBOS PROXENITORES, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles.

En ambos casos, será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, copia e orixinal do convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio.

 No suposto de alumnado afectado por situación de violencia de xénero, non será exixible o previsto no parágrafo anterior.

 

DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR COA SOLICITUDE

a.       

Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.

b.       

Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a.

c.       

Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos en cada nivel educativo ou etapa nos termos do anexo

d.       

Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é caso.

 

 

CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN 2020/2021

CRA RAÍÑA ARAGONTA

 

·        

Publicación dos postos escolares vacantes: antes do 1 de Marzo.

·        

Presentación das solicitudes de admisión: do 1 ao 23 de Marzo.

·        

Presentación da documentación acreditativa para o baremo, no caso de que a demanda supere as vacantes ofertadas:  publicaranse as datas se fora preciso.

·        

Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de Abril.

·        

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de Maio.

·        

Formalización da matrícula en educación infantil: do 20 ao 30 de Xuño.

 

A Dirección do centro

PRAZAS VACANTES PARA O CURSO ESCOLAR 2020-21

 

PRAZAS VACANTES PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR 2020/2021

 

 

AULAS

PRAZAS VACANTES

PRAZAS

NEAE

Aula de Barreiro

12

1

Aula de Budiño

16

1

Aula de Entenza

12

1

Aula de Fontán

3

1

Aula de Picoña

13

1

Aula de San Xurxo

9

1

Aula de Soutelo

13

1

Esfarrapada 3 anos

66

9

Esfarrapada 4 anos

20

0

Esfarrapada 5 anos

18

0

 

 

Salceda de Caselas, 20 de febreiro de 2020

REUNIÓNS INICIO DE CURSO

AULA

DATA

HORA

3 anos

Luns

10:30

4 A

Luns

10:00

4 B

Martes

10:00

4C

Luns

12:00

5 A

Luns

12:00

5 B

Luns

12:00

5 C

Luns

12:00

FONTÁN

Luns

10:30

SAN XURXO

Luns

10:30

ENTENZA

Luns

10:30

SOUTELO

Martes

11:00

PICOÑA

Martes

11:30

REVOLTA

Luns

10:30

BUDIÑO

Martes

11:00

BARREIRO

Martes

10:30

Resolución definitiva de alumnado admitido para o curso escolar 2015-2016

O CRA Raíña Aragonta fai pública a lista definitiva do alumnado admitido para o vindeiro curso escolar 2015-2016.

As persoas interesadas en impugar as listas definitivas poderán interponer recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte a súa publicación.

Aproveitamos para lembrarlles que a formalización da matrícula realizarase dende o  20 de xuño ata o 30 de xuño de 2015. 

Tedes toda a información nos datos adxuntos

Listas definitivas do alumnado admitido no centro para o vindeiro curso 2015-2016

Publicación da listaxe definitiva do alumnado admitido

Resolución provisional de alumnado admitido para o curso escolar 2015-2016

O Consello Escolar do CRA Raíña Aragonta, despois da xuntanza mantida o 21 de abril de 2015 para atender as solicitudes de admisión presentadas e unha vez determinada a puntuación resultante de aplicar os criterios de baremo, fai pública a lista provisional de alumnos e alumnas admitidas para o vindeiro curso escolar 2015-2016.

Estas listaxes terán un carácter provisional e poderán ser obxecto de reclamación ante o consello escolar no prazo de cinco días hábiles dende a súa publicación. A reclamación será presentada por escrito na secretaría do centro.

 Unha vez resoltas as reclamacións presentadas, publicaranse as listaxes definitivas de alumnado admitido nos taboleiros de anuncios do centro antes do 15 de maio de 2015.

LISTAXE PROVISIONAL

CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2015/2016

Se queren consultar o calendario para o proceso de admisión do vindeiro curso 2015/2016

Calendario Proceso de Admisión 2015/2016

INFORMACIÓN RELATIVA AO PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2015/2016

Instruccións para o Proceso de Admisión de alumnado para o vindeiro curso 2015/2016.

 

Distribuir contido

Back to top