Apoios

Teatro de sombras

in

Ola a todos e todas,

Un día máis preséntovos un novo roto, despois de convertervos en científicos e cociñeiros divertidos, hoxe propóñovos ser magos e magas, pero uns mag@s moi especiais, xa que só usaredes as vosas mans. Atrevédesvos a practicar? 

Moita sorte da profe Yasmina para este novo reto

CONTOS

in

Os contos teñen moita importancia no crecemento dos nosos pequenos, pois lle permiten empatizar co mundo, axúdalles a desenvolver a súa imaxinación, e a resolver conflictos. O conto polo tanto é unha das bases para o desenvolvemento intelectual.

Por iso hoxe os traemos unha conta de youtube que nos amosa un montón de contos interesantes. O seu nome é CUENTOS EN LA NUBE.

Dexámosvos o enlace para que poidades acceder:

https://www.youtube.com/results?search_query=cuentos+en+la+nube

A PROFE ANA PROPÓN... (día 5)

in

Bos días meus pexeguiños e miñas ameixiñas,

velaquí vos deixo unha nova proposta de actividades, espero que vos gusten e que teñades un bo día. 

Moitos biquiños de chocolate!

Pequecociña

in

Ola a tod@s,

Hoxe propóñovos outro reto, que é convertervos en pequenos chefs e realizar algunha das receitas mariñas divertidas que vos adxunto, animádesvos?

A PROFE ANA PROPÓN (día 4)

in

Bo día miñas cousiñas!!

Que tal foron estes días?? Seguro que xa sodes uns campións e unhas campionas deste xogo do escondite. Para este día vos deixo novas propostas que espero vos gusten e vos axuden a pasar un bo rato.

 

Moitísimos biquiños!!

UNHA NOVA SEMANA E NOVOS RETOS

in

Comezaremos a semana cunhas actividades para desenvolver en familia coas que podedes traballar a creatividade ou o refugallo. Sen dúbida será unha forma de que as nosas horas no interior das mesmas 4 paredes, nos permitan sair durante un anaquiño a través da nosa imaxinación.

 

A desfrutar!

 

 

EXPERIENCIAS DIVERTIDAS

in

Hoxe os traemos 20 actividades fáciles e divertidas para facer cos máis pequenos da casa.

Esperamos faceros a corentena máis levadeira. Ánimo

DIVERSIÓN E APRENDIZAXE... SEMPRE DA MAN

in

Ola a todos e todas, 

Hoxe propóñovos convertervos en pequenos/as científicos, así que aquí vos deixo unha serie de experimentos divertidos.

A desfrutar!!

A PROFE ANA PROPÓN... (día 3)

in

Bo día miñas cousiñas!!

Outro día máis, dende a casa, vos propoño unha serie de xogos e actividades para pasar o rato e divertirse. Tamén vos deixo uns vídeos que espero que vos gusten.

Moito ánimo e seguide facendoo tan ben como ata agora. Quedade na casiña, se o coronavirus non nos ve marchará pronto así que... a agocharse!

 

 

 
 

A PROFE ANA PROPÓN... (día 2)

in

Bos días peques,

outro día máis toca estar en casiña. De novo vos deixo unha escolma de actividades para facer nos distintos espazos da casa e tres novos vídeos. Espero que vos gusten e que vos sirvan para pasar un bo rato.

Saúdo

Xogamos con títeres

Xogamos con títeres 2

Distribuir contido

Back to top