Apoios

RELAXACIÓN EN MARCHA

in

Bos días, hoxe propoñémosvos unha conta de youtube dedicaba ao IOGA para nenos, onde os nenos realizarán diferentes posturas á vez que escoitan un conto.

Con isto os nenos fortalecen os músculos e adquiren flexibilidad. Ademais cos exercicios de respiración consiguen relaxar a mente e calmarse. O ioga axúdalles a concentrarse mellor, estimula a creatividade e elimina o estrés.

Nestes días de corentena creemos que é imprescindible relaxarnos.

a continuación encontraredes o enlace a dita conta:

https://www.youtube.com/channel/UC8m4ehVIJWKwJgK5ZfUxgkg

Moito ánimo e unha aperta.

QUEDA NA CASA 3#

in

O prometido é débeda! e por iso esta semana comezaremos coa nosa entrega particular de xogos, dos que xa desfrutamos noutras ocasións. Espero que vos gusten e os desfrutedes moito...quedando na casa!!

Un saúdo nen@sGuiño

A PROFE ANA PROPÓN... (día 9)

in

Bo días meus e miñas peques,

estades sendo súper valientes. Despois da fin de semana, vos deixo máis ideas para que fagades unha viaxe polos diferentes recuchiños da vosa casa.

Mil biquiños!!

COAS MANS NA MASA

in

Axudar no desenvolvemento da motricidade fina do teu fillo é moi importante, por tanto hoxe propóñovos facer plastilina na casa, moi sinxela e fácil coa que os nenos estean motivados.

A continuación déixovos a receita. Unha aperta moi grande e ánimo.

QUEDA NA CASA 2#

in

Olaaa! Xa queda menos para que poidamos voltar a respirar aire fresco, pero mentras tanto deixovos a segunda entrega de xogos de "Queda na casa" para que vos entreteñades.

Unha aperta do profe Abraham.

Xogos en familia

in

Ola a todos e todas de novo,

Unha vez máis plantéxovos un novo reto, neste caso trátase de que fagades desfrutar e gozar as vosas familias con vos, de diferentes xogos tradicionais, ao que seguro algunha vez eles xogaron; seredes quen de xogar a todo?

Moito ánimo da profe Yasmina para este novo retoSorriso

A PROFE ANA PROPÓN... (día 8)

in

Bos días peques!

Aquí tedes unha nova entrega das actividades por estancias para pasar o rato "viaxando" polos diferentes espazos da casa.

Desfrutade moito facéndoos e que teñades unha boa fin de semana!

Cada día que pasa fai o camiño de volver a vernos máis curto... Ánimo peques e, sobre todo, ánimo familias!

A PROFE ANA PROPÓN... (día 7)

in

Bo día, 

aquí tedes novas propostas para facer nos diferentes recunchiños da vosa casa. 

Moitos bicos!!

QUEDA NA CASA!

in

Bos días nenos e nenas! hoxe preséntovos unha nova personaxe que nos vai ir traendo xogos moi divertidos para que fagades na vosa casa acompañados dos vosos seres queridos. Estade atentos a próximas entregas.

 

Un saudiño!!!!Risa

A PROFE ANA PROPÓN... (día 6)

in

Bos días peques,

aquí tedes unha nova achega de actividades para facer na casa. Moito ánimo e a disfrutar aprendendo!

(Desculpade que non estea subindo vídeos... como pesan moito está custando moitísimo).

Distribuir contido

Back to top