Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Xullo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

blogue de : Jacqueline

Imaxe de Jacqueline

TÉCNICA ESGRAFIADO

Nesta semana tamén estivemos a desenvolver a nosa creatividade a través da arte. Probamos unha nova técnica chamada "esgrafiado", que consiste en pintar unha cartolina blanca con moitas cores e despois cubrila con pintura negra. Unha vez seca, facemos maxia! Se collemos un punzón e rascamos debuxando algo descubrimos todas as cores que quedaron agochadas. Resultoulles moi interesante este descubrimento. Xa non digo andar coa pintura negra.. era moi divertido pintar todas as mans ou mesmo a cara! Risa

Bicos!

Imaxe de Jacqueline

MEDICIÓN DO NOSO CARBALLO

Hoxe saímos ao patio a medir o carballo que plantamos a semana pasada cos axentes forestais. Xa levábamos uns días con moita curiosidade sobre o crecemento desta árbore, asi que pensamos que para estar seguros do que vai medrando era mellor comezar a medilo. Así o fixemos: Hadrián, o encargado de hoxe, axudou á profe a medilo e despois anotou a data e a talla do carballo para realizar un rexistro destas medicións. Nuns días volveremos saír para comprobar se a árbore medrou ou non. Por suposto, non esquecemos as macetas coas landras, pois tamén saímos a regalas.

Este exercicio co carballo é interesante porque ademais de permitirnos traballar as medicións e a educación ambiental, tamén nos permite traballar a lecto-escritura (anotando a data) e a lóxica-matemática pensando nos números que debe levar a medida da árbore.

 Un bico!

Medindo a árbore

 

 Rexistro: data e talla (181 cm).

Imaxe de Jacqueline

XOGO LÓXICA-MATEMÁTICA

Ola familias!

O venres descubrimos un novo xogo para traballar a lóxica-matemática, concretamente os números e a súas cantidades. Como os maiores xa teñen bastante dominados estes conceptos, xogaron coas regletas coa profe María e os nenos de 3 e 4 anos probaron este novo xogo que causou moita inquietude ao principio. Todos querían tocalo e manipulalo, pero pronto descubrimos que a profe só chamaba aos pequenos/as que estaban ben sentados.

Primeiro, fixámonos nas letras do xogo tratando de descubrir o que alí estaría escrito. Despois, observamos a orde na que estaban colocados os tapóns cos números, recoñecendo as grafías e as etiquetas coas cantidades. Logo, desordenamos todo e comezamos a colocalo asociando cada número coa súa cantidade.

Foi moi divertido, sobre todo eso de enroscar cada tapón. Un bo exercicio tamén para traballar a motricidade fina.

Un bico!

  

Imaxe de Jacqueline

VISITA AXENTES FORESTAIS

Aquí vos deixo o enlace de youtube para que vexades o vídeo coas fotos que fixemos da visita dos axentes forestais, que nos ensinaron diferentes tipos de animais e insectos, plantas e árbores. Ata pudimos ulir distintas follas e xogar a adiviñar de que árbores podían ser. Tamén aprendimos como plantar unha semilla nas nosas macetas de refugallo.

Ademais, estamos super contentos porque xa temos unha árbore no patio. Os nenos/as están ansiosos por ver como vai ir medrando e ata lle puxeron nome: "A árbore de Bértoa". 

Bicos!

https://youtu.be/gKexTxeJo-o

Imaxe de Jacqueline

PORTADA TRIMESTRE

Nesta semana estivemos moi atarefados! A semana pasada xa comezamos a a crear a nosa cidade con materiais de refugallo e nesta semana seguimos con iso, pero ademais estivemos elaborando as portadas do segundo trimestre. O toque final démosllo traballando a lecto-escritura. Deste xeito, os pequenos/as tiveron que buscar as letras dos seus nomes en recortes de revista e despois pegalas na portada. Este exercicio veu xenial para traballar de forma lúdica o recoñecemento das letras, tanto visual como fonético.

Pero ademais de todo isto, hoxe recibimos a visita dos axentes forestais e temos moitas fotos desta visita. Na próxima entrada do blog mostrarémosvos estas imaxes.

Agora deixamos unhas fotos do exercicio que fixemos coas portadas do trimestre.

Un bico!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut