CANDO NO OUTONO ABRIMOS AS CABAZAS, GARDAMOS ALGUNHA DAS SÚAS SEMENTES, E HOXE PLANTÁMOLAS.
SEGUINDO A FILOSOFÍA DAS 3R, REUTILIZAMOS OS BOTES ONDE AS SEMENTAMOS. RECORTAMOS AS BANDEXAS ONDE VIÑAN OS XERÁNEOS E ASÍ CONSEGUIMOS UNHA MACETA REUTILIZADA PARA CADA NENO E NENA. CANDO XA TEÑAMOS UNHAS BONITAS PLANTIÑAS DE CABAZA LEVARÉMOLAS PARA TRANSPLANTAR NA HORTA DA CASA. NON TODOS TEÑEN, PERO XA ARGALLARON PEDIRLLE UN CACHIÑO DE HORTA ÓS AVÓS PARA TER AS SÚAS CABAZAS DE SAMAÍN.