Skip to Content

CRA A Tarandeira - Lugar da Esfarrapa, 52 - 15147 Coristanco (A Coruña) - 881 88 05 52 - cra.atarandeira@edu.xunta.gal

Rabadeira

Benvidos e benvidas á Rabadeira!

Benvidos e benvidas á escola de Rabadeira, unha escoliña situada na parroquia de Seavia e pertencente ao concello de Coristanco.

Esta escola está conformada por dúas plantas e está composta de diferentes espazos onde os nenos e nenas se desenvolven nun entorno rural e natural, flexible e adaptado ás diferentes idades, xa que actualmente temos unha aula mixta conformada por nenos e nenas que van dos 3 aos 7 anos.

 

Algúns dos nosos espazos son: patio exterior con parque infantil, invernadoiro, areeiro, aula de usos múltiples, aula de apoio e reforzo e a aula principal, conformada por diferentes rincóns onde no día a día se desenvolven diferentes aspectos do desenvolvemento lóxico e espacial, lingüístico, cognitivo, creativo, o movemento e o xogo.

 

 

Benvida primaveira!

Na escola da Rabadeira damos a benvida á primaveira estreando a nosa hortiña, onde comezamos a plantar cebolas e leitugas.

Con esta experiencia prendemos o proceso de crecemento das plantas e hortalizas, as súas partes e o seu coidado, facéndonos responsables de regalas e coidalas para que medren.

 

 

SEMANA DO 14 AO 18 DE FEBREIRO

Mantemos as rutinas da semana anterior.

Adxunto material novo.

SEMANA DO 31 AO 4 DE FEBREIRO

Mantemos a mesma rutina que a semana anterior. Ver documentos adxuntos.

SEMANA DO 24 AO 28 DE XANEIRO

TELEDOCENCIA EN RABADEIRA:

Seguimos unhas rutinas diarias:

- Calendario: Sinalamos no calendario o día presente e escribimos o mesmo nunha pizarra ou papel. De seguido falamos da estación do ano na que nos atopamos e observamos pola ventá o tempo atmosférico. Podemos facer un rexistro metereolóxico. Logo escribimos o noso nome, contamos cantas letras ten, marcamos as sílabas con palmadas, contamos as vogais, as consoantes. 

Escoitamos e cantamos "A canción as vogais" de Pablo Díaz:

https://www.youtube.com/watch?v=O7EWbIc4N3c

https://youtu.be/O7EWbIc4N3c

- Proposta de actividade (ver ficheiro).

- Merenda saudable.

- Xogo libre.

- Lemos todos os días 20 minutos. É importante, preferiblemente, que o alumno/a lea en alto intentando perder o silabeo e facendo unha pausa nos puntos e nas comas. Debemos escoller un lugar tranquilo para ler e elixir sempre o mesmo horario para crear un hábito no neno/a. É preferible que sexan os cativos os que elixan que queren ler.

- Axudamos nas tarefas da casa.

Distribuir contido


by Dr. Radut