Skip to Content

CRA A Tarandeira - Lugar da Esfarrapa, 52 - 15147 Coristanco (A Coruña) - 881 88 05 52 - cra.atarandeira@edu.xunta.gal

Benvidos e benvidas á Rabadeira!

Benvidos e benvidas á escola de Rabadeira, unha escoliña situada na parroquia de Seavia e pertencente ao concello de Coristanco.

Esta escola está conformada por dúas plantas e está composta de diferentes espazos onde os nenos e nenas se desenvolven nun entorno rural e natural, flexible e adaptado ás diferentes idades, xa que actualmente temos unha aula mixta conformada por nenos e nenas que van dos 3 aos 7 anos.

 

Algúns dos nosos espazos son: patio exterior con parque infantil, invernadoiro, areeiro, aula de usos múltiples, aula de apoio e reforzo e a aula principal, conformada por diferentes rincóns onde no día a día se desenvolven diferentes aspectos do desenvolvemento lóxico e espacial, lingüístico, cognitivo, creativo, o movemento e o xogo.

 

 



page | by Dr. Radut