Skip to Content

CRA A Tarandeira - Lugar da Esfarrapa, 52 - 15147 Coristanco (A Coruña) - 881 88 05 52 - cra.atarandeira@edu.xunta.gal

Dependencias, Secretaría, centro

O CRA muda o seu nome: CRA A Tarandeira

Logo da fusión de centros producida en xullo de 2019, o nome oficial do CRA non reflectía a realidade do noso colexio. Temos escolas en tres concellos: A Baña, Coristanco e Santa Comba. O nome que a Consellaría nos asignou de oficio nun primeiro momento non incluía a un dos concellos.

Despois de contarmos co apoio da totalidade do claustro e do consello escolar, e logo de solicitarmos o visto e prace dos tres concellos ao troco de nome, o 3 de maio de 2021 solicitouse á Consellaría a súa conformidade á nova denominación. E esta foi ratificada onte día 5 de outubro de 2021, coa publicación no DOG da nova denominación específica do noso centro: CRA A Tarandeira.

Por moitos anos!

Axudas escolarización menores Concello de Coristanco. Curso 2021-22.

A Dirección do CRA de Coristanco - Santa comba informa que o Concello de Coristanco vén de publicar as Axudas á escolarización de menores no Concello de Coristanco.

As bases poden consultarse na páxina web do Concello de Coristanco na seguinte ligazón:

https://sede.coristanco.gal/opencms/gl/informacion/tablon/2021/ANUNCIO_P...

Data tope de presentación de solicitudes: 10 días hábiles a partir do día seguinte á data de publicación no BOP (17/09/2021). Ou sexa, até o 1 de outubro de 2021.

Importe máximo da axuda: 100€ por familia e neno/a.

Recibide un cordial saúdo

Comezo de curso 2021-22

O CRA de Coristanco-Santa Comba informa:

  • As actividades lectivas darán comezo o día 9 de setembro.

  • No CRA estamos elaborando e adaptando os protocolos e espazos das nosas escolas para garantir a volta á escola coa maior seguridade e normalidade posibles.

  • Nos vindeiros días e antes do comezo do curso as titoras convocarán ás familias a unha reunión.

Lembrade que estamos ao voso dispor e para mantervos informados seguídenos nesta web e nas redes.

Libros de texto curso 2021-22

O CRA de Coristanco - Santa Comba, informa da listaxe de LIBROS DE TEXTO para o vindeiro curso 2021-22. Só haberá libros de texto en Educación Primaria, non en Educación Infantil.

Preme na seguinte ligazón para veres a listaxe.

Matrícula novo alumnado 2021-22

A Dirección do C.R.A. de Coristanco - Santa Comba, informa que o novo alumnado admitido neste centro no vindeiro curso 2021/22 debe formalizar matrícula do día 20 ao 30 de xuño.
De seguido relaciónanse os documentos necesarios para a matrícula do/a voso/a fillo/a.

A dirección deste centro atenderavos en horario de 9:30 a 14:30 h a partir do mércores 23 de xuño na sede do CRA de Coristanco - Santa Comba no lugar da Esfarrapa, 52 - Coristanco. Tamén podedes entregar a documentación de matrícula na sede de Santa Comba ou na Escola de Lañas (A Baña), concertando cita previa nos teléfonos do centro: 881 88 05 52 / 687 76 96 35 .

Todos os formularios están dispoñibles nesta mesma páxina web premendo na listaxe arriba indicada. Tamén volos podemos facilitar na propia sede do CRA, ou ben por correo electrónico.

Axudas para libros de texto e material escolar

Estimadas familias

O xoves 20 de maio saíu publicada no DOG a Orde do 6 de maio do 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o alumnado matriculado de educación primaria en centros públicos para o curso 2021-22. As solicitudes poden ser entregadas até o 22 de xuño (este incluído).

Para facer a solicitude teredes que acudir a aplicación Fondolibros e cubrir os formularios requeridos (Anexo I e  Anexo II) e entregalos pola sede electrónica ou ben podedes presentar toda a documentación no centro. Recordade que atendendo as recomendacións sanitarias, para acudir ao centro de forma presencial, usedes primeiro as canles de comunicación para solicitar cita previa.

A continuación, presentamos un documento onde se vos explica o máis salientable da Orde e que vos pode ser de axuda. Tamén están os dous anexos que hai que cubrir, para que se así o desexades os poidades descargar e imprimir. Se tedes algún problema para imprimir tamén se vos facilitarán impresos nas respectivas escolas e na sede do CRA.

Importante: O alumnado que o vindeiro curso continuará estudos nun novo centro, deberá entregar a documentación no novo centro.

Para calquera dúbida estamos a vosa disposición nos teléfonos: 881885502 (Dirección) 687769635 (Secretaria).

 

Publicada a listaxe de admisión de alumnado para o curso 2021-22

O CRA de Coristanco - Santa Comba informa que xa se pode consultar na secretaría do centro a listaxe de alumnado admitido para o vindeiro curso 2021-22. Todas as solicitudes foron admitidas.

A formalización da matrícula realizarase do 20 ao 30 de xuño.

Inicio procedemento de admisión de alumnado

Prazo de admisión: do 1 ao 22 de marzo.

Modelo de solicitude:

Solicitude segundo o Anexo II, (procedemento ED550B), aprobado pola Orde de 25 de xaneiro de 2017, poderá cumprimentarse dos seguintes xeitos:

 Documentación a entregar coa solicitude:

  • Fotocopia do libro de familia ou fotocopia do DNI do neno/a.

  • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, se é o caso. 

Lugar de presentación:

Na Secretaría da sede do CRA de Coristanco – Santa Comba, sita en Lugar da Esfarrapa,52 (Coristanco) en horario de atención do equipo directivo: luns de 09:15 a 14:15, martes de 11:10 a 12:00 e venres de 13:10 a 14:15. As solicitudes tamén poderán ser entregadas ás titoras nas respectivas escolas que llas farán chegar ao equipo directivo.

Normativa que regula o proceso: 

  • DECRETO 254/2012, do 13 de decembro,polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos. 

  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos. 

  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado.

Principais puntos a ter en conta

  • Cada solicitante presentará unha única solicitude no colexio que solicita en 1º lugar.

  • En cada solicitude pódense pór ata 6 colexios por orde de preferencia.

  • No caso de presentar máis dunha solicitude en distintos centros o solicitante perderá o dereito de prioridade.

  • O alumnado que ten presentada solicitude de reserva nun centro se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva no primeiro centro. (Só para alumnado xa escolarizado nun centro)

  • O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro centro, deberá comunicalo ao mesmo tempo no centro de orixe. (Só para alumnado xa escolarizado nun centro).

  • As solicitudes fóra de prazo mandaranse á comisión de escolarización.

  • Se o alumno/a non obtivese praza no centro solicitado en 1º lugar, remitirase a solicitude á comisión de escolarización.

PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DOS CRITERIOS BAREMADOS

Só será precisa, e será requirida, no caso de que o número de solicitudes sexa maior que o de prazas vacantes.

  • Fotocopia completa do libro de familia.

  • Certificado de empadroamento municipal no que figuren todos os membros da unidade familiar que conviven no domicilio.

  • Fotocopia da última declaración da renda dos pais. Necesaria só se non autorizan a comprobación de datos.

  • Fotocopia do carné de familia numerosa de ser o caso.

  • Fotocopia dos DNI dos pais ou titores legais. Necesaria só se non autorizan a comprobación de datos.

  • Certificado de minusvalía de ser o caso. Necesaria só se non autorizan a comprobación de datos.

  • Anexo II cuberto e coa puntuación cuberta.

CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

Reserva de praza no centro de orixe: 1-15 de febreiro.

Data do sorteo público a efectos de desempate: última semana de febreiro e, en todo caso, antes do 1 de marzo.

Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.

Presentación da solicitude de admisión: 1-22 de marzo.

Presentación documentación xustificativa dos criterios alegados (cando o número de solicitudes sexa maior ao das prazas ofertadas): 10 días hábiles contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.

Listaxe provisional de admitidos e non-admitidos: Antes do 25 de abril

Listaxe definitiva de admitidos e non-admitidos: Antes do 15 de maio

Formalización da matrícula: do 20-30 de xuño (anexo III)

Reserva de praza en centros adscritos


Este trámite de reserva de praza é exclusivo para o alumnado de 2º de Ed.Primaria que o vindeiro curso 2021-22 continuará a etapa nos centros adscritos: CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco, CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza de Santa Comba e CPI de San Vicente da Baña.

O período de reserva de praza comeza o 11 de xaneiro e remata o 8 de febreiro.

Formas de reservar praza en centro de adscrición:

Secretaría do CRA: Cumprimentando os Anexos I e I bis de reserva de praza que se vos facilitaron e entregándollos de volta ás titoras das escolas que nolos farán chegar.

Por Internet: A través da aplicación admisionalumnado ou da sede electrónica da Xunta de Galicia (procedemento ED550A).

Máis informacion na seguinte ligazón da Consellaría: 

https://www.edu.xunta.es/portal/node/32849


 

NOTA ACLARATORIA: O procedemento de admisión de novo alumnado no CRA de Coristanco - Santa Comba terá lugar do 1 ao 20 de marzo. Deste procedemento daremos cumprida información previamente ao seu inicio.

O mércores 11 de novembro é non lectivo

Estimadas familias,

Lembrámosvos que o vindeiro mércores 11 de novembro é non lectivo no CRA de Coristanco - Santa Comba por ser festivo local (San Martiño) na localidade onde o CRA ten a súa sede: Coristanco. 

Un cordial saúdo

A Dirección do CRA de Coristanco - Santa Comba

Distribuir contido


by Dr. Radut