ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2018-19
Segundo a ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, o 1 de marzo, inícianse os trámites do procedemento para a admisión do alumnado.
INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS:
- O prazo para presentación de solicitudes de Admisión de Alumnado para o curso 2018-2019 é do 1 ao 20 de marzo.
- O alumnado matriculado no centro ten garantida a súa permanencia nel.
- O alumnado que solicite praza nun centro distinto, deberá comunicar a renuncia a praza do noso centro.
- A solicitude de praza será única, e terá carácter vinculante. Deberá entregarse no centro que se solicite en primeiro lugar.
- As solicitudes deberán estar asinadas por ambos proxenitores, sendo este requisito imprescindible no caso de familias separadas ou divorciadas.
- A solicitude tamén se pode presentar a través da aplicación "admisionalumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado): solicitudes - admisión - crear solicitude de admisión
Así mesmo, o alumnado e as familias poderán consultar o estado de tramitación das súas solicitudes a través da aplicación informática "admisionalumnado" (https://www.edu.xunta.es /admisionalumnado) utilizando o código da solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.
Publícanse o formulario de solicitudes e a propia orde: