No presente curso escolar imos desenvolver un proxecto educativo impulsado dende a Biblioteca Escolar, “Faise o Camiño”.
Debido a que o Cole é lindeiro coa Vía da Prata ou Camiño do Sur, queremos dar a coñecer a importancia histórica, social e económica do Camiño en Galicia.
O obxectivo principal é socializar a comunidade educativa do valor natural, cultural e patrimonial do Camiño de Santiago ao seu paso polos Concellos de San Cristovo de Cea e Piñor.
Dende este centro de interese tentaremos traballar o maior número de competencias clave.
As actividades levada a cabo ata o momento son as seguintes:
Deseño dun logotipo e un lema para dotar de identidade o Proxecto.
Impresión do mapa dos Concellos de San Cristovo de Cea e de Piñor nun vinilo. Colocámolo no corredor do Edificio principal, coa intención de ir plasmando nel os resultado dos distintos traballos.
Convocamos a toda a Comunidade Educativa a participar con fotografías relacionadas con Camiño na exposición “Ollando o Camiño en ...”. Isto é, enviar fotografías a dirección de correo faiseocamino@gmail.com ou traelas ao Centro en formato dixital para a posterior exposición tanto na páxina web, na redes sociais e na cortiza do corredor do Edificio Principal.
Intercambio epistolar cun Centro Educativo de Francia
As actividades extraescolares e complementarias van encamiñadas a afondar e/ou complementar este traballo: Nadal, Día Internacional da Paz e a Convivencia Escolar, Entroido...
E moitas outras actividades coas que os iremos sorprendendo a longo deste curso!
No Día das Bibliotecas sacamos os nosos libros ao sol. Porque calquer lugar é bo para deixarse atrapar por unha historia. Emoción, medo, romance ou botar unhas risas sentados canda os amigos no patio. Un recreo diferente na compaña dun bo libro.
O próximo venres, 29 de maio, a partir das 19:00 horas, toda a Comunidade Educativa e aquelas persoas que desexen acercarse ao cole poderán participar no Serán.
O pasado venres 24 da abril, con motivo da celebración do Día do Libro 2015, realizouse o sorteo dos lotes de libros que agasalla a Biblioteca "Cestas Literarias".
Había un lote para E. Infantil, tres lotes para E. Primaria e dous lotes para E.S.O.
16:00 horas: Introducción ao acto do “Día do Libro”.
16:05 horas:Lectura do capítulo primeiro polo alumnado de Primaria.
16:15 horas:Lectura dalgúns episodios do libro “Don Quijote de la Mancha” de Miguel de Cervantes polo alumnado de ESO.
16:25 horas: Representación teatral polo alumnado de 6º de Primaria da secuencia dos “muiños de vento” do libro “Don Quijote de la Mancha” de Miguel de Cervantes.
16:30 horas: Sorteo das Cestas Literarias e entrega da agasallos.
O venres 20 de marzo a partir das 9 da mañá haberá unha eclipse de Sol. Será unha eclipse parcial. Quedará una pequena franxa sen cubrir, a Lúa tapará o Sol nun 80 %.
Será un espectáculo digno de ver. Ese día será o último día de inverno. Non se anuncia ningunha nube nin chuvia o cal facilitará a visión do espectáculo.
Como se produce unha eclipse solar?
O percorrido aparente que realiza o Sol, a Lúa e os Planetas de Este a Oeste segue un intinerario conocido como a eclíptica. As eclipses prodúcense precisamente porque ás veces estes interpoñense no camino dos outros.
Ese día a Lúa sairá as 7:30 da mañá e realizará o percorrido ata o ocaso, pasadas as 8:00 da tarde. O Sol que amanece cinco minutos máis tarde, alcanzará a Lúa hora e media mais tarde.
A eclipse durará bastante tempo. As asociacións astronómicas realizan actividades para seguir os pasos con seguridade. Recoméndase non utilizar gafas de sol nin radiografías para a observación directa.Hai unhas gafas homologadas que serían as correctas para ver este fenómeno astronómico.
O mesmo día antes da media noite chegará a primavera. Non haberá outra eclipse solar ata o 2017 en agosto.Para poder velo en Galicia haberá que agardar 11 años... ata o 12 de agosto de 2026.
O Equipo de Biblioteca, un ano mais, quere premiar o gusto pola lectura!
Dende o mes de febreiro ata o mes de abril, o alumnado que leve emprestado libros da Biblioteca Escolar daráselle unha papeleta cun número. Debedes gardar esas papeletas numeradas para o sorteo dunhas cestas literarias que se fará o Día do Libro (23 de abril), o sorteo será por etapas educativas (Infantil, Primaria e Secundaria).