Aquí tedes o noso tesouro de cantigas. Pedras preciosas da enciclopedia do saber popular que viaxan pola rede ata as vosas panallas para que cantedes, recitedes ou simplemente gocedes coa súa lectura. Cántame e cóntame avoa é unha recompilación de cantigas recollidas nos concellos de San Cristovo de Cea, Piñor, Maside e Ourense.
O traballo xa empezou o ano 2004. O alumnado de infantil, dirixido pola profesora María Carmen Fernández Vázquez, realizou a recollida das cantigas utilizando unha gravadora e un caderno. Este traballo prolongouse durante dous cursos.
O curso pasado, coa axuda da tecnoloxía, dixitalizamos as gravacións e fixemos o deseño do libro, que a dirección do centro imprimiu en papel en edición limitada para as familias que participaron no proxecto e que podemos ler na súa edición dixital. Tamén fixemos un vídeo para presentar o traballo no que o alumnado do primeiro ciclo de primaria recita unha selección das cantigas.
No libro recóllense máis de 600 cantigas agrupadas nos apartados animais, sentimento, emigración, lugares, para cantar e bailar, relixiosas, satíricas e humorísticas, traballo e temas varios. Cada cantiga r ven acompañada do nome, idade e lugar da persoa que a aportou. O escritor Xosé Carlos Caneiro, profesor do centro durante o curso 1986-1987, fixo o prólogo do libro.