1. O martes 9 de xullo, publicarase no taboleiro de anuncios do centro as listaxes provisionais de alumnado admitido do fondo solidario de libros de texto, tanto de primaria como de secundaria. Aquelas persoas que o fixesen en liña, poderán consultalas na aplicación do fondo solidario.
2. No caso de que quedase alguén excluído, o período de reclamacións será do 10 ao 11 de xullo, ambos inclusive, de 10:00 h a 13:00 h.
3. Durante os dous días de reclamacións, as familias que quedasen excluídas, será o propio centro o que se poñerá en contacto telefónico coas mesmas, ou no seu defecto por abalar, para emendar dita exclusión, no propio colexio ou directamente na aplicación do fondo solidario si presentaron a solicitude en liña no seu momento.
4. Pasado o período de reclamacións, publicaranse o venres 12 de xullo, as listaxes definitivas de primaria e ESO. Poderán consultalas no taboleiro de anuncios do centro ou en liña se o solicitaron por vía electrónica. Por recomendación do centro non merquen ningún libro ata que saia a listaxe definitiva
5. As persoas beneficiarias dos vales para a compra de material de 1º de EP a 4º da ESO e/ou libros de texto de 1º e 2º de EP, deberán recollelos persoalmente os pais/nais/titores/as ou poderán autorizar a unha terceira persoa. Ditos vales estarán dispoñibles dende o luns 15 ata o mércores 17 de xullo. No caso de que non poidan recollelos nesas datas poderán facelo a partir do 1 de setembro.