Skip to Content

Curso 2024 - 2025

O mércores 11  de setembro iniciamos o curso 2024 - 2025 comenzando as clases no horario de sempre, que ten establecido o centro.

 horario do centro

 

No caso de secundaria, o alumnado fará o horario completo. Ás 9:05h terán a presentación co profesorado titor e dende as 9:55h ata as 14:45h, as demais clases. Para o primeiro día, terán que levar o material necesario para facer as anotacións que lles indique o profesorado.

 

As entradas e saídas do centro, para o alumnado das tres etapas, faranse polos mesmos portais que o ano anterior.

 

1. Infantil. Portal 1. Entrada de administración.

2. Primaria. Portal 3. Entrada Pino Manso.

3. ESO. Portal 2. Entrada preto da aula de Música

 

Para visualizar o plano de portais e portas de acceso, ver o documento adxunto. 

 

  Dámoslle a todas e todos unha afectuosa benvida.

AdxuntoTamaño
PLANO AEREO.pdf330.96 KB


page | by Dr. Radut