Skip to Content


 

Educación física

Recuperando a tradición

Os xogos tradicionais forman parte do noso patrimonio cultural, de ahí a importancia de coñecelos e valoralos. Tivemos varias sesións do obradoiro X. Lorenzo nas clases de EF. Como mostra, os estudantes de 4 ESO vivencian xogos bailados.

 

Creando Acrosport 3b

Parecía moi difícil pois non foi só traballar en equipo: necesitamos aprender a técnica, crear as combinacións de movementos, distribuír os roles de portores, áxiles ou axudas, e.. confianza! Ás veces o éxito baséase en confiar nos demais aportando individualmente.

O acrosport utiliza exercicios ximnásticos acrobáticos usando o corpo para facer figuras ou pirámides. Aparecen elementos de forza, flexibilidade, equilibrios, danza, saltos... nunha combinación armónica e coordinada de todos os participantes.

 

 

Obradoiro de material de EF

Recurtes a nós?? Se nos fai falta material, facémolo e listo!

En 3º ESO aprendemos a fabricar pelotas con papel usado e celo, obtendo bolas multiuso. Foi fácil, rápido e útil. Ben feito!!

"Coreo" en grupo

A traballar en equipo!: Rita, Ainoa, Ariadna, Olalla, Alejandro e Breixo escolleron a música, deseñaron a coreografía, e dirixiron os ensaios deste traballo de clase

XADREZ EN LECER

HORA LIBRE? RECREO? QUE TAL UNHA PARTIDA?

Podemos aproveitar o tempo de lecer para xogar ao xadrez. Temos taboleiros e pezas novos dispoñibles (preguntade a Juanjo ou a Susana) A xogar!

SHUTTLEBALL

Na clase de Educación Física, experimentamos con deportes novos. pincha na foto para ver o video

RUGBY EN INGLÉS

O alumnado do noso centro, disfrutou dunhas sesións de iniciación ao Rugby a cargo da Federación Galega, onde, ademais de aprender inglés, coñeceron e practicaron este bonito deporte.

Descubre como iniciarte neste deporte con esta entrevista, despois das prácticas que tivemos no noso CPI de Mende e máis no campo da universidade. André e Cintia entrevistan a Andy e Sindo do Campus Ourense Rugby.PINCHA NAS FOTOS E DESCUBRE COMO EMPEZAR:

     

NOTICIAS XADREZ

Este curso comezou o xadrez como optativa, e podedes cursala en 2ºESO.

Os nosos compañeiros participaron no Festival de Xadrez para a Xuventude en Expourense, onde se viviu un gran ambiente e alta participación. Competiron ao redor de 300 participantes de toda Galicia e Portugal, de entre 8 e 18 anos, e todos tiveron premio.

 

BILINGUAL PUPILS BECOME ACTORS

Here is an example of an activity that integrates both English and Physical Education. The teachers wrote a play about the origin of badminton, the pupils rehearsed it and then they dared to dramatize it for their classmates. Since this was the first time they participated in this kind of activity, we recorded it. We hope to keep on working this way in the future.

Click on the picture

San Martiño 2014

 

30 -15809 ISAAC PELAEZ BADENES 00:18:50        00:18:30               ---           LLUTXENT

 

 

 

67 -15792 ARANTXA PÉREZ ALONSO 00:19:56     00:19:53               ---           OURENSE

 

 

 

RESULTADOS DO ALUMNADO CPI JOSE GARCIA-MENDE-CARREIRA SAN MARTIÑO 2014

 

Distribuir contido


by Dr. Radut