Skip to Content


 

VISITA A MONFORTE

O martes,31 de maio de 2016,o alumnado de 2º ESO e catro profesores  fixemos una visita cultural a Monforte de Lemos  que foi, en época medieval, un singular exemplo de cidade- fortaleza feudal, ao redor dun mosteiro, cun castelo situado sobre un estratéxico montículo (O Monte de San Vicente) e rodeado por un recinto amurallado salpicado de torres defensivas. Aos pés do monte, o río Cabe, que daba vida ao asentamento.

Tamén vimos NOSA SEÑORA DÁ ANTIGA (COLEXIO DOS  ESCOLAPIOS),coñecido popularmente como o “Escorial de Galicia”, é un edificio de estilo herreriano dos séculos XVI-XVII, con dúas ás perfectamente simétricas e unha igrexa central cunha xenerosa cúpula rematada en lanterna. A súa construción foi iniciada polo cardeal Rodrigo de Castro en 1593. Actualmente é o Colexio dos Pais Escolapios e alberga unha sobresaliente pinacoteca na que as xoias máis prezadas son as obras do GRECO.

Visitamos o Museo do Ferrocarril de Galicia situado nas antigas instalación do depósito de tracción de vapor de Monforte que recolle mostras de grandes locomotoras e trens de outras épocas.Aiquí atópase tamén a “Nave da Rotonda” con 38 vías radiais e ponte transbordadora xiratoria a onde chegamos nunha inesquecible viaxe en tren.

Por último coñecimos o  Mosteiro de San Salvador (As Bernardas de Ferreira de Pantón)e a  súa igrexa  guiados por una monxa que nos  deu a coñecer a historia e a forma de vida que ela elexiu .Díxonos que a  igrexa foi construída a mediados do S. XII, época en que tivo gran esplendor o Císter  e que conserva no seu interior 2 interesantes sartegos de nobres góticos: D. Diego de Lemos, e o seu fillo D. Lope de Lemos.Alí poidemos degustar  a rica repostería feita polas monxas bernardas (de clausura) que o habitan.

Regresamos a Ourense contentos de coñecer in situ  unha época da historia medieval  que estudamos neste curso e de experimentar unha viaxe, real e no tempo, do que foi o ferrocarril en Monforte como impulso social e económico ao abeiro das grandes locomotoras  .

 



blog | by Dr. Radut