Skip to Content


 

VISITA Á EXPOSICIÓN DE CONTOS

Hoxe, día 30 de maio , os alumnos/as de 1º, 2º e 3º de E. Primaria visitaron á exposición de contos, no museo municipal.

Pazo das Fabas será o nome imaxinario que reciba o edificio do Museo Municipal durante as sesións lúdico - didácticas da presente campaña de Animación á Lectura do Concello de Ourense.
Catro personaxes (actores) recibirán aos pequenos visitantes para guialos ao longo dunha aventura no interior do Pazo: Dente, Quino, Lavanda e Néboa.
Personaxes que mesturan realidade e ficción e cos que aprenderán xogando, creando e observando no Ministerio dos Legumes e no Ministerio das Nubes.

Os espazos.

  •  O Ministerio dos Legumes sitúase na planta baixa e contén unha excéntrica mestura de cociña, horta e biblioteca. As nenas e nenos,xogarán clasificando e recoñecendo os diferentes legumes, creando receitas disparatadas, lendo e escoitando contos e mesmo axudarán a crear unhas máxicas nubes.
  • O Ministerio das Nubes sitúase na planta alta. É un mundo máxico situado entre cirros, cúmulos e estratos e cun espazo central que ten como protagonista á Gran Faba, unha planta leguminosa xigante que brotou grazas á maxia. Os pequenos aprenderán a importancia das nubes e da auga no proceso de crecemento dos legumes, así como os valores da Natureza.

 

Pasarono xenial , mirade as fotos, son espectaculares.

 



blog | by Dr. Radut