Skip to Content


 

Exposición de gravados na Casa da Xuventude de Ourense

O CPI José García de Mende conmemora o días das letras galegas cunha exposición de gravados
inspirados no poema "Penélope" do autor homenaxeado Xosé María Díaz Castro, que se poden ver
na Casa da Xuventude de Ourense durante este mes de maio.
Trátase dunha suite de dezaseis linografías estampadas en papel Fabriano crema de 38 x 28 cm,
cunha mancha de 16,5 x 24, 5 cm, a unha soa tinta.
Estampouse no obradoiro da aula de plástica dos alumnos de 4º ESO, dirixidos polo profesor Xosé
Poldras.
As estampas dan unha visión do poema desde dezaesies puntos de vista diferentes partindo de
versos, estrofas, o texto completo ou evocacións que este fai nos autores das imaxes; supoñen unha
reflexión sobre o feito poético, e máis un acercamento á liguaxe plástica desde unha técnica onde
conflúen a arte da imaxe e os coñecementos técnicos dun procedemento tan complexo como é o
gravado.

 

 



blog | by Dr. Radut