Skip to Content


 

SAIDA LUDICO-DIDACTICA DOS ALUMNOS DA UNIDADE ESPECÍFICA

Alumn@s con discapacidade funcional da Unidade Específica do CPI "José García García"  de Mende (Ourense) fixeron o xoves pola mañán unha saída lúdico-didáctica visitando o centro comercial de Mercadona e as ribeiras do rio Loña a onde chegaron camiñando dende o colexio. Foron acompañados por Marisol, Marián e Susana, profesoras e coidadora do centro. Esta saída enmárcase dentro do Plan de Atención á Diversidade do centro.




story | by Dr. Radut