Skip to Content


 

SEMANA DE ENTROIDO: LUNS CORREDOIRO, VISITA FELOS DE ESGOS, XOVES DE COMADRES E DESFILE

A semana do 13 ao 17 de febreiro estivo chea de actividades relacionadas co Entroido, Así o Luns celebramos o Domingo Corredoiro, coa participación de Infantil e o 1º Ciclo de primaria, o mércores visita dos Felos de Esgos polas distintas aulas (alumnado da ESO, oriúndo de Esgos, amosando os seus traxes de Entroido e recuperando tradicións) e o xoves as Comadres coa participación de todas as etapas no tempo de lecer, no que as rapazas trataron de esnaquizar as comadres que levaban os rapaces, algúns acadaron salvar a súa para mofa das rapazas, e o venres todos de Desfile ata a pista de atletismo da Universidade, que nola cederon para esta fin.

Este ano a temática do desfile estivo relacionada coa Liña Temática deste curso "Exploramos e coñecemos a nosa contorna".

Así o alumnado disfrazado (traxes elaborados no centro e coa colaboración das familias) de Castrexos por unha banda e Romanos por outra escenificaron o Pacto de Paz, recollido na Tésera conservada en Celanova, para unha boa convivencia no Castro de San Tomé que temos na contorna do Centro e sobre o que leva investigado o alumnado.

Luns Corredoiro, visita Felos Esgos e Comadres de Entre estrellas que iluminan

DESFILE ENTROIDO 2023 de Entre estrellas que iluminan



page | by Dr. Radut