Skip to Content


 

RESUMO CELEBRACIÓNS SEMANA FIN DE CURSO

Coma cada curso por estas datas, toca despedirnos ata setembro, e o mellor xeito de facelo e coas vosas celebracións, lembranzas e algúns traballiños, que servirán para comezar as vacacións cun tempiño de cine, as vosas creacións.

MOITOS PARABÉNS A TODAS E TODOS!! EXCELENTE TRABALLO!!

BOAS VACACIÓNS!!

Representación teatral 4º E.P de Entre estrellas que iluminan

INAUGURACIÓN DO PITEIRO de Entre estrellas que iluminan

Festa da Auga e a Escuma 2024 de Entre estrellas que iluminan

GRADUACIÓNS 2023-24 de Entre estrellas que iluminan

Lembranzas 6º E.P de Entre estrellas que iluminan

 

Cortos de terrror de Entre estrellas que iluminan

UNHA PEQUENA MOSTRA AUDIOVISUAL CON ROBOTS

Hoxe, no derradeiro día lectivo do curso 2023-24, achegamos unha mostra do traballo realizado polos grupos de alumnado de 4º, 5º e 6º E. P, que asisten á materia de Proxecto Competencial "Iniciación á ofimática e a robótica".

Primeiro un resumo dos pasos levados a cabo para realización da súa historia audiovisual con robots, de momento só o Making off da historia de 6º E. P. (as demais nos próximos días).

Logo a historia de 5º de E.P e para rematar o conto adaptado "A ratiña presumida" polo alumnado de 4º de E. P.

Boas vacacións e a seguir aprendendo de xeito divertido.

 

Making off Historia 6º E. P de Entre estrellas que iluminan

As (Des)esperanzas do Nadal de Entre estrellas que iluminan

UNHA HISTORIA DE NADAL- de Entre estrellas que iluminan

A Robotiña presumida de Entre estrellas que iluminan

PROGRAMA DERRADEIRA SEMANA DO CURSO 2023-24

Diseño de Entre estrellas que iluminan

ALUMNADO DE 5º E 6º E. PRIMARIA ASISTIRON AO II CONGRESO FIN DE PROXECTO: "ME GUSTA MI RÍO"

Onte, xoves día 13 de xuño, o alumnado de 5º e 6º de E. Primaria asistiu ao II Congreso fin de Proxecto "Me gusta mi río", en Fonmiñá (A Pastoriza-Lugo) no Centro de Interpretación do Alto Miño, onde presentaron os seus proxectos xunto con outros dous coles e celebraron unha xornada de convivencia con xogos e visita guiada pola lagoa de Fonmiñá, e como remate de xornada  e xa no camiño de volta aínda visitaron o museo e fortaleza do Castro de Viladonga. 

A continuación a correspondente reportaxe: 

Fin de proxecto "Me gusta mi río" de Entre estrellas que iluminan

3ª VISITA AO RÍO E OBRADOIRO DO PROXECTO "ME GUSTA MI RÍO"

A semana pasada, martes 5 e xoves 7 de xuño, o alumnado de 5º e 6º de E. Primaria celebrou a 3ª visita ao río e logo o seu correspondente obradoiro no centro, do proxecto "Me gusta mi río", patrocinado pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil e a cargo de Babadiva Ambiental, con Manuel e Teresa que levaron ao alumnado a descubrir todo un entorno de riqueza arredor da cunca Miño-Sil.

3ª visita ao río e obradoiro de Entre estrellas que iluminan

VISITA DO ALUMNADO Á PANADERÍA "A BOA MIGALLA" DE CEA

Onte, martes 11 de xuño, o alumado de 1º, 2º e 3º de Primaria visitaron a panadería "A Boa Migalla" en Cea, e isto foi o que fixeron:

Diseño de Entre estrellas que iluminan

CAMPAÑA CONCIENCIACIÓN

Este mércores, 5 de xuño, celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente. Uníndose a esta conmemoración, o campus de Ourense acolleu unha actividade divulgativa organizada por varios centros educativos da contorna. Seguindo o campaña internacional de concienciación ambiental O mar empeza aquí, colocouse xunto a un dos sumidoiros unha placa co lema Non botes nada, non baleires nada; o mar empeza aquí. O seu obxectivo é concienciar á cidadanía sobre o impacto que teñen no medio ambiente as pequenas accións individuais e a importancia de non contaminar, de cada un ser responsable do lixo que xera.

A actividade estivo organizada polo CPI Plurilingüe José García García de Mende co apoio da Fundación Santiago-Rey Fernández-Latorre, de La Voz de Galicia, e estivo coordinada polo profesor do citado centro José Manuel Bouzo. A placa foi colocada ao carón dun sumidoiro na entrada do edificio administrativo do campus nun acto no que participaron Francisco Javier Rodríguez, vicerreitor do campus de Ourense; a directora do centro organizador, Susana Rodríguez Cougil, e profesorado e alumnado dos centros educativos implicados (que  foron Mende, Franciscanas e Manuel Sueiro). Na actividade tamén participaron o Grupo Econvixiantes de Franciscanas, amosando o traballo que realizan de recollida de cabichas e de concienciación sobre a importancia de non tiralas ao solo.

A campaña de concienciación desenvolveuse ao longo de todo o curso académico e a colocación da placa no campus, ao igual que se fará noutros lugares da cidade, quere ser un recordatorio de concienciación para a cidadanía. No acto destacouse que o lixo que se bota fóra das canles habilitadas para o seu tratamento volve ás persoas en forma de microplásticos a través do consumo de alimentos e bebidas, microplásticos, que, subliñouse, son disrutores endocrinos que teñen un enorme impacto na saúde. Do mesmo xeito, incidiuse na problemática que supoñen as cabichas, lembrando que o tabaco conta con máis de 7000 substancias químicas tóxicas que entran no ecosistema cando as cabichas son tirada ao solo ou á auga.

Máis información na seguinte ligazón:

https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/duvi/mar-empeza-cada-sumidoiro

Campaña concienciación de Entre estrellas que iluminan

SOLICITUDE CONCILIA VERÁN-CONCELLO OURENSE

Dende o Concello acaba de saír prazo para que as familias poidan solicitar actividades para a conciliación:

CONCILIA VERÁN 2024 de Entre estrellas que iluminan

ACTUACIÓN ALUMNADO DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES-PATINAXE E BAILE

O pasado xoves, 30 de maio, os grupos do alumnado de actividades extraescolares (patinaxe e baile), fixeron unha actuación no ximnasio do centro para toda a comunidade educativa, como despedida deste curso.

PARABÉNS ao alumnado e as súas profes.

A continuación unha mostra:

Actuación patinaxe e baile de Entre estrellas que iluminan

Distribuir contido


by Dr. Radut