Un ano máis o alumnado do noso colexio vai asistir á Xuntanza de Centros que levan o nome de CURROS ENRÍQUEZ, en Celanova. Este será o vídeo que van levar para facer a presentación do cole:
Un ano máis celebraremos a festa da Bicicleta no noso centro.
Dende o día 29 de maio xa poden os nenos e nenas que queiran, achegar as súas bicis para poder disfrutar dunhas xornadas súper divertidas
As sesións de E.F. dende o día 1 de Xuño ata o 9 de dito mes, estarán adicadas a disfrutar deste deporte.
Para iso , o mestre Carlos encargarase de montar diferentes circuitos(sempre adaptados a cada unhas das idades) ao longo de toda a zona exterior do cole.
El departamento de Lengua Castellana, organiza un encuentro para los alumnos de la ESO con la escritora Ana Alcolea, después de la lectura de sus libros:
O Martes día 16, celebraremos o día das Letras Galegas con diversas actividades ao longo da mañan. Para elo contamos coa colaboración do Concello, Ampa, Bibliopazos e a exalumna María Barreiro.
Este ano o autor homenaxeado é Francisco Fernández del Riego.
O profesorado do centro, como ven ocurrindo nos últimos anos, está levando a cabo varios cursos de formación, pois entendemos que é a nosa responsabilidade dar a mellor educación posible aos nosos nenos.Somos conscientes de que isto só é posible cunha constante formación e renovación das competencias como docentes.
Un destes cursos está pensado para axudarnos a favorecer metodoloxías activas e inclusivas,donde o traballo en equipo e colaborativo sexa o foco central