En Colaboración coa Afundación participamos nun proxecto escolar pola sustentabilidade que une cultura e coidado do medioambiente a través da realización no centro dun mural artístico, colaborativos e ecolóxico con pinturas fotocatalíticas anticontaminación, que absorben e depuran os contaminantes que hai no aire, como os óxidos de nitróxeno e outros gases nocivos da industria e o tráfico rodado (cada metro cadrado desta pintura equivale para o efecto depurativo que achega ao medio ambiente a unha árbore adulta). A actividade completase con Talleres de pintado de bolsas de tea nos que se traballará a temática ambiental desde un enfoque participativo, o que facilita a toma de conciencia sobre a importancia de coidar a natureza.