Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Martes Abril 18, 2023
Start: 18/04/2023 13:49

O profesorado do centro, como ven ocurrindo nos últimos anos, está levando a cabo varios cursos de formación, pois entendemos que é a nosa responsabilidade dar a mellor educación posible aos nosos nenos.Somos conscientes de que isto só é posible cunha constante formación e renovación das competencias como docentes.

Un destes cursos está pensado para axudarnos a favorecer metodoloxías activas e inclusivas,donde o traballo en equipo e colaborativo sexa o foco central

Start: 18/04/2023 16:08

Os alumnos/as de EI e de  EEI OUTEIRO, farán unha saída a Pontevedra para visitar:

Museo de Pontevedra (10:30-11:30). Participarán na actividade "Trea, a miña amiga da Prehistoria". Visita guiada e dinamizada pola boneca Trea, que con xogos e lendas populares achegará aos nosos cativos, a arqueoloxía.

Mércores Abril 19, 2023
Start: 19/04/2023 10:02

Hoxe nenos e nenas do "Padín trouteiro" de Soutomaior, achegaranse ata o noso cole para facer unha xornadade deporte escolar.

Nesta ocasión serán os alumnos de 6º de primaria quenes participen en dita actividade.

Xoves Abril 27, 2023
Start: 27/04/2023 13:49

A asociación Nos mesmas estarán no noso centro,os días 27 e 28 de abril, para impartir uns obradoiros con 5º e 6º de Primaria. O 27 de abril tamén asistirán 1º e 2º de ESO.

A temática a traballar será sobre diversidade afectivo-sexual e de xénero.

Venres Abril 28, 2023
Start: 28/04/2023 13:57

A asociación Nos mesmas estarán no noso centro,os días 27 e 28 de abril, para impartir uns obradoiros con 5º e 6º de Primaria. O 28 de abril tamén será para 3º e 4º de ESO.

A temática a traballar será sobre diversidade afectivo-sexual e de xénero.

 

Luns Maio 08, 2023
Start: 08/05/2023 15:52

Os compis da EEI de Outeiro invitáronnos a pasar un día no seu centro, para disfrutar duha actividade organizada pola protectora de animais do Morrazo.

Serán os nenos e nenas de EI e 1º de Primaria , quenes ademais de pasar un bo rato cos diferentes cans que nos poidan achegar, aprenderán a importancia e responsabilidade que conleva ter unha mascota.

Tamén poderán comprobar a importante labor que están a desenvolver ás protectoras.

Martes Maio 16, 2023
Start: 16/05/2023 09:21

O Martes día 16, celebraremos o día das Letras Galegas con diversas actividades ao longo da mañan. Para elo contamos coa colaboración do Concello, Ampa, Bibliopazos e a exalumna María Barreiro.

Este ano o autor homenaxeado é Francisco Fernández del Riego.

Fai clic sobre o titulo para ver o cartel.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut