Os compis da EEI de Outeiro invitáronnos a pasar un día no seu centro, para disfrutar duha actividade organizada pola protectora de animais do Morrazo.
Serán os nenos e nenas de EI e 1º de Primaria , quenes ademais de pasar un bo rato cos diferentes cans que nos poidan achegar, aprenderán a importancia e responsabilidade que conleva ter unha mascota.
Tamén poderán comprobar a importante labor que están a desenvolver ás protectoras.
Ao mesmo tempo que os nosos alumnos disfrutan , o centro pretende inculcarlles valores solidarios. Por iso no custo da actividade vai engadido unha cantidade simbólica ,a modo de donativo, que se lles entregará a protectora como agradecemento a súa labor.