Skip to Content

Bus e comedor 2024-2025

Bus / comedor

 

Lembrar que as clases de curso 2024-2025 inícianse este mércores 11 de setembro, en horario completo de 9:20 a 14:20 (Primaria) e 9:20 a 14:50 (Secundaria). 

Respecto ao transporte escolar, recomendamos que pola mañá estén na parada ás 8:50 horas para evitar perder o bus, e así mesmo, averiguar cál será a hora correcta de paso para os vindeiros días.

O alumnado que non quede a comer deberá ser recollido polas familias ao remate das clases (o alumnado de Secundaria que non quede a comer, pode marchar no bus de Primaria ás 15:10).

O alumnado de Primaria que sí quede a comer, marchará no transporte escolar ás 15:10 (Primaria) e o alumnado de Secundaria ás 15:45 (Secundaria), salvo os luns, nas ensinanzas de Secundaria, que non haberá bus ata as 17:25 horas, por ter clases de tarde, dende as 15:45 ata as 17:20 horas.

Comentar que dispoñen o aplicativo ABALAR para recibir notificacións do profesorado, para que o teñan instalado no seu smartphone, e así o profesorado contacte con vostedes. Instálase dende o seguintes enderezos:

iphone:
https://apps.apple.com/es/app/abalarm%C3%B3bil/id660608502

Android:
https://play.google.com/store/apps/details?id=es.xunta.edu.abalarmobil&hl=es

Tamén se pode acceder a Abalar sen móbil, dende calquer navegador WEB, pero precisarán o Chave365, certificado dixital ou un DNI electrónico :
https://www.edu.xunta.gal/abalar/InicioAbalar.do


 

SOLICITUDE COMEDOR, si aínda non o solicitaron

  https://www.edu.xunta.gal/centros/cpicruzsar/system/files/AUTOLIQUIDACI%C3%93N%20COMEDOR%202024-2025.pdf

 

 

 

 

 

 

 

AdxuntoTamaño
AUTOLIQUIDACIÓN COMEDOR 2024-2025.pdf608.09 KB


a | by Dr. Radut