Secretaría

O cova queda na casa, pero seguimos pendentes de vós

“O Cova queda na casa” .

No CPI de Cova Terreña estamos a traballar arreo para que o noso alumnado poida continuar formándose coa calidade que merece. Estamos á disposición das familias, facilitando libros, material escolar funxible e material informático ao alumnado que así o precise.

Atendemos as peticións das familias nos teléfonos do centro (886120001-886120006- 886120004) en horario de 8:30h a 14:00h, e tamén no correo electrónico do centro: cpi.cova.baiona@edu.xunta.es

Contamos, tamén, coa colaboración do Concello de Baiona e dos servizos de Protección Civil, aos cales lles agradecemos a entrega dos paquetes que preparamos estes días para o alumnado de 1°Ed. Primaria cos cadernos de traballo e material necesario para seguir as clases dende as súas casas e salvagardando aos nenos e ás súas familias, evitando así numerosos desprazamentos.

Facédenos saber calquera necesidade escolar na que vos poidamos axudar ou poñédevos en contacto coa Concellería de Servizos Sociais no 986385926.

Sodes o noso motor e xuntos formamos unha gran familia. Queremos ver eses sorrisos pronto e seguir medrando con vos!!!

Unha gran aperta.

 Orientacións provisionais da Consellería de Educación

 

Cualificacións da 2ª avaliación, Fin do Trimestre

Estimadas familias:

Chega ao seu fin un trimestre “estraño”. Cando se suspenderon as sesións lectivas apenas quedaban 3 semanas de clase, algunha menos para as sesións de avaliación da metade dos grupos. Ao longo destes días de non asistencia ao centro ofertámoslle ao alumnado actividades non avaliables: actividades de repaso, reforzo ou mesmo introdutorias cara á continuación e reanudación, canto antes, do curso escolar. As tarefas propostas durante o período de confinamento ocasionado polo estado de alarma o foron en base ao traballo previsto durante esas datas axustado ás sesións lectivas semanais, pondo á disposición do alumnado os recursos a través de medios dixitais: páxina web do centro, aula virtual e Abalar Móbil.

O vindeiro venres 3 de abril, ás 10 h, poderedes visualizar os resultados da 2ª Avaliación do alumnado por Abalar Móbil. Estes resultados refírense ao traballado no trimestre ata o 12 de marzo, é dicir, ao traballo realizado presencialmente no centro. Adiántase a publicación dos resultados para que, de ter algunha dúbida sobre as cualificacións, poidades dirixirvos ao profesorado a través dos correos electrónicos facilitados para resolvelas.

Asemade, se fose preciso engadir calquera información adicional, a persoa titora enviaravos a mesma por mensaxe a través de Abalar Móbil.

Chegan as vacacións de Semana Santa, tempo de descanso para o noso alumnado no que poden ler, xogar e pasar tempo de calidade coa familia. Nós seguiremos artellando recursos para mellorar a atención ao alumnado.

Son momentos de incerteza, nos que imos recibindo novas instrucións pouco a pouco, pero compre estar preparados por se a situación se mantén no tempo. Por iso solicitamos que nos comuniquedes as dificultades que poidades ter para, de ser preciso, seguir coa teleformación: equipo informático, conexión a internet,... Por favor, facédenos chegar calquera dificultade que teñades e na que nós vos podamos axudar.

Moitas grazas pola vosa colaboración, polas vosas palabras de alento e agradecemento, son de gran valor para nós. Moito ánimo e coidádevos moito, esperamos vernos moi pronto.

Un saúdo.

O Equipo Directivo.

Admisión 2020/2021

Aberto prazo de admisión para alumnado de nova incorporación ao centro dende o 01 ao 20 de marzo de 2020. Debido ao peche dos centros, o prazo pecharase unha semana despois do inicio das sesións lectivas.

Recoméndase facer a solicitude a través da Aplicación Admisionalumnado:

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

Cursarase unha única solicitude, na que se pode por ata 6 centros por orde de preferencia.

Documentación:

  • Solicitude en caso de presentación física (ver documentos anexos).
  • Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.
  • DNI e/ou libro de familia.
  • Certificado oficial do expediente académico, no seu caso.
  • Sentencia xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, no seu caso.

Tamén pode presentar a súa solicitude por correo electrónico en cpi.cova.baiona@edu.xunta.es ou no buzón do centro educativo empregando a documentación anexa.

Organización do centro durante o peche dos centros educativos desde o luns 16 marzo

Estimadas familias,

Agardamos que todos vos, alumnado, profesorado e familias esteades ben neste momento.

Dende o centro faremos todo o posible para que o noso alumnado siga formándose. Para iso podedes atopar as indicacións das actividades a realizar no apartado Alumnado da nosa páxina Web:   http://www.edu.xunta.gal/centros/cpicovaterrena/    así como o correo electrónico do profesorado para poder contactar con el. Segundo vaiamos publicando as actividades avisaremos a través da aplicación Abalar Móbil.

Ademais, no apartado Alumnado->Xeral iremos colgando outros recursos adicionais para ir atendendo ao distinto ritmo e preferencias do alumnado que vos poden resultar de interese.

Pola seguridade de todos o centro estará pechado ao público pero non detemos o noso traballo nin vos deixamos sós. Podedes poñervos en contacto con nós no teléfono 886120001 e no correo electrónico cpi.cova.baiona@edu.xunta.es

Estaremos en contacto con todos/as a través da web do centro, de Abalar Móbil e das canles que vos facilitamos.

Xuntos podemos superar isto, só nos piden quedar na casa, e nós estaremos tamén con vós. Moita saúde a todos/as.


Unha aperta do equipo humano do CPI de Cova Terreña.

 

Material escolar 2019/2020 Ed.Primaria

Publicada listaxe de material escolar solicitado para o curso 2019/2020 ao alumnado de Ed.Primaria. Consulte as listaxes nos ficheiros adxuntos.

Libros de texto 2019/2020

Poden consultar a listaxe de libros de texto para o curso 2019/2020 nos ficheiros adxuntos a esta nova e no taboleiro principal do centro.

 

Vacantes 2019/2020

Vacantes para o curso 2019/2020.

Período de solicitude de admisión do 1 ao 20 de marzo.

Formalización de matrícula do 20 ao 30 de xuño.

Libros de texto 2018/2019

Libros de texto 2018/2019

Xa podedes consultar a listaxe de libros de texto para o curso 2018/2019 nos ficheiros adxuntos a esta nova e no taboleiro principal do centro.

Participación no Fondo solidario de libros de texto e convocatoria de axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Ed.Primaria e Ed.Secundaria

Con data 21 de maio saiu publicada a ORDE do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2018/19.

Prazo aberto dende o 22 de maio ata o 22 de xuño, ámbolos dous inclusive. Non se poderán recoller solicitudes fora de prazo.

Matrícula curso 2018/2019

Aberto prazo de admisión para alumnado de nova incorporación ao centro dende o 01 ao 20 de marzo de 2018.

Modo:

Pódese facer a través dun dos seguintes:

  1. No centro. Unha única solicitude, na que se pode por ata 6 centros por orde de preferencia.
  2. Aplicación <admisionalumnado> (https://www.edu.xunta.es/admisiónalumnado).

Documentación:

  • Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.
  • DNI e/ou libro de familia.
  • Certificado oficial do expediente académico, no seu caso.
  • Sentencia xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, no seu caso.

Formalización da matrícula:

Infantil e Primaria: do 20 ao 30 de xuño.

ESO e Bacharelato: Ordinario: do 25 de xuño ao 10 de xullo.

                             Extraordinario: do 1 ao 10 de setembro.

Consulta:

Listados provisionais de admitidos/non admitidos: antes do 25 de abril. (Reclamación 5 días hábiles a partir do seguinte da publicación de listaxes).

Listados definitivos de admitidos/non admitidos: antes do 15 de maio.

No ficheiro adxunto poden consultar o listado de admisión.

Simulacro de evacuación

Todo o alumnado de Ed.Infantil, Ed.Primaria e Ed.Secundaria, profesorado e persoal non docente puxo a proba o Plan de Evacuación e Emerxencias do centro coa realización do simulacro de evacuación, desaloxando o recinto escolar nun tempo de 5 minutos sen incidencias.

Nesta ocasión contamos coa colaboración da Policía Local do Concello de Baiona, a cal tamén pudo ensaiar e comprobar os seus tempos de resposta ante unha situación de emerxencia que se poida dar no centro.

A realización do simulacro de emerxencia, a máis de ser obrigada por lei, serve para entrenar ao alumnado sobre cómo deben actuar nas situacións de emerxencia que se poidan dar ao longo do curso, sempre pensando na súa seguridade e benestar.

Inauguración do curso escolar 2017/2018

O luns 18/09/2017 celebramos no centro un acto de inauguración do curso escolar 2017/2018, sendo este o 45º curso escolar do centro educativo. No acto estiveron presentes:
● Don​ ​ Ángel​ ​ Rodal​ ​ Almuiña,​ ​ alcalde​ ​ de​ ​ Baiona
● Don​ ​ Jesús​ ​ Vázquez​ ​ Almuiña,​ ​ conselleiro​ ​ de​ ​ Sanidade
● Don Ignacio López Chaves, delegado da Xunta de Galicia en​ ​ Vigo
● Dona Ángles Feijoo-Montenegro, xefa territorial da Consellería​ ​ de​ ​ Sanidade​ ​ en​ ​ Pontevedra
● Dona​ ​ Beatríz​ ​ González​ ​ Pérez,​ ​ concelleira​ ​ de​ ​ Educación
● Don​ ​ Juan​ ​ Luís​ ​ Ferreiro​ ​ Carballido,​ ​ inspector​ ​ de​ ​ Educación
● Membros do Equipo directivo: Dona María Dolores Ros Belmonte, Dona María Fernández González e Dona María del​ ​ Carmen​ ​ Álvarez​ ​ Lorenzo
● Membros​ ​ do​ ​ Consello​ ​ Escolar
● Ex-directores​ ​ e ​ ​directoras​ ​ do​ ​ centro
● Ex-alumnos​ ​ e ​ ​ex-alumnas​ ​ do​ ​ centro
● Xunta​ ​ de​ ​ delegados
● Representantes​ ​ da​ ​ ANPA
● Alumnado​ ​ de​ ​ 4o​ ​ e ​ ​ 2oESO​ ​ e  profesorado​ ​ acompañante.

Despois dunha rolda de intervencións, visitaronse as instalacións, aulas e alumnado das distintas etapas educativas.

Como lembranza desta ocasión plantouse unha árbore no recinto, testemuña viva deste acto.

Ligazóns:

Publicación de listaxe definitiva Fondo Solidario de Libros de Texto Ed.Secundaria

Publicación de listaxe definitiva Fondo Solidario de Libros de Texto Ed.Secundaria

Publicada a listaxe definitiva do Fondo Solidario de Libros de Texto para Educación Secundaria. Os libros serán entregados na reunión coas titorías de inicio de curso:

  • 1ºESO: Luns 18/09/2017, 18h
  • 2ºESO: Martes 19/09/2017, 18h
  • 3ºESO: Martes 19/09/2017 18:30h
  • 4ºESO: Martes 19/09/2017, 18:30h

Probas extraordinarias de setembro

As datas das probas extraordinarias de setembro serán do 1 ao 5 de setembro de 2017, ámbolos dous incluídos, segundo a táboa que se amosa.

A data de entrega de boletíns será o xoves 7 de setembro de 2017 ás 11h nas aulas de referencia.

O período de reclamacións será do xoves 7 ao venres 8 de setembro. A resolución das mesmas será o luns 11 de setembro de 2017.

Libros de texto 2017/2018

Nos ficheiros adxuntos pode consultar a listaxe de libros de texto para o curso 2017/2018, tamén dispoñible no taboleiro do centro e na secretaría do mesmo.

Matrícula curso 2017/2018

Aberto prazo de inscripción para alumnado de nova incorporación ao centro dende o 01 ao 20 de marzo de 2017.

Documentación:

  • Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar.
  • Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a.
  • Certificado oficial do expediente académico, no seu caso.
  • Sentencia xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, no seu caso.

Formalización da matrícula do 20 ao 30 de xuño.

INFORMACIÓNS MATRÍCULA CURSO 2016/17

  • Nos documentos adxuntos vai toda a información sobre a matrícula para o vindeiro curso.

CIRCULAR INFORMATIVA FIN DE CURSO

  • No documento adxunto vai a circular informativa para fin de curso
Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Outubro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031